depresión
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín dēpressiōnem, 'descenso'.
Pronuncia: /de.pɾe.ˈsjoŋ/ (AFI)
depresión
(sg: depresión; pl: depresións)
- Acción e efecto de deprimir ou deprimirse.
- (Patoloxía) Estado orgánico caracterizado por unha diminución das forzas anímicas, intelectuais e, a miúdo, físicas, dunha persoa.
- (Xeoloxía) Zona do relevo situada a un nivel inferior que a superficie veciña.
- (Psicoloxía) Trastorno psíquico caracterizado por un estado de tristeza e desánimo, por veces con ansiedade.
- (Economía) Descenso significativo da actividade económica.
- (Tecnoloxía) Baleiro creado nun pistón en movemento descendente.
Termos relacionados
depresión atmosférica, depresión barométrica, depresión do horizonte, depresiómetro, depresivo, depresor, deprimente, deprimido, deprimir, deprimóxeno