saír

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /saˈiɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

saír

  1. Ir de dentro a fóra dun lugar.
  2. Deixar a casa por un tempo para entreterse fóra dela.
  3. Poñerlle fin a un estado ou situación no que se está.
  4. Manter [dúas ou máis persoas] unha relación amorosa.
  5. Ter parecido con alguén de quen se descende.
  6. Facer algo inesperadamente.
  7. Ser publicado.
  8. Aparecer [nun documento, medio de comunicación ou obra].
  9. Resultar de [unha maneira].
  10. Ter o resultado ou solución correcta.
  11. Ser [algo] atopado en [un lugar].
  12. Estar [alguén] en [un lugar] antes de aparecer.
  13. Ser elixido por unha cuestión de azar ou unha votación.
  14. Ir dar [un camiño ou rúa] a ]outra].
  15. Resultar nun prezo determinado.
  16. Alcanzar a alguén en [un punto] seguindo un camiño diferente.
  17. Desaparecer [unha mancha] ao lavala.
  18. Presentarse [unha oportunidade].

Traducións

Conxugación