solución
Aparencia
Galego

Etimoloxía: do latín solūtuio, -ōnis, disgregación, facilidade, explicación.
Pronuncia: /so.lu.ˈθjoŋ/ ou /so.lu.ˈsjoŋ/ (AFI)
solución
(sg: solución; pl: solucións)
- Acción e efecto de solucionar.
- Aquilo que responde ou co que se responde de maneira acertada a unha cuestión, dúbida ou dificultade, ou ante unha situación difícil.
- (Matemáticas) Cada un dos valores posíbeis das incógnitas dunha ecuación.
- (Química) Mestura homoxénea de dúas ou máis substancias.
- (Literatura) Desenlace do argumento dunha obra literaria.