recoller
Aparencia
Galego
Pronuncia: [re.koˈʎeɾ] (AFI)
recoller
- Coller algo que estaba caído, tirado ou pousado nun lugar.
- Sinónimos: apañar, coller
- Antónimos: tirar, deixar caer
- Exemplo: Recolle do chan os cartos que che caeron.
- Exemplo: O neno recolleu o lapis que estaba debaixo da mesa.
- Xuntar ou coller cousas que estaban espalladas, separadas ou expostas.
- Envolver, dobrar ou enrolar algo que estaba estendido.
- Facer a colleita de froitos ou produtos da terra.
- Ir buscar algo ou alguén ao lugar onde está.
- Acoller unha persoa nunha casa ou lugar, dándolle aloxamento ou amparo.
recoller
- Xuntar ou gardar as cousas espalladas ou expostas, sen complemento expreso.
- Sinónimos: ordenar, gardar
- Antónimos: espallar, desordenar
- Exemplo: Recollede axiña, que xa vai chover.
- Exemplo: Recollemos ás oito e pechamos ás oito e media.
recollerse
- Meterse dentro da casa ou nun lugar abrigado para durmir, descansar ou afastarse da actividade exterior.
Termos relacionados
- recolección
- recolla
- recolledor
- recolleita
- recolleito
- recollemento
- recollida
- recollidamente
- recollido
Traducións
1-3. Coller, xuntar ou gardar cousas
4. Facer a colleita
5. Ir buscar algo ou alguén
6. Acoller ou dar aloxamento
Pronominal. Retirarse para descansar ou durmir
Conxugación
Verbo regular da 2ª conxugación
| Infinitivo | recoller |
| Xerundio | recollendo |
| Participio | recollido/recolleito, recollidos/recolleitos, recollida/recolleita, recollida/recolleitas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para recoller.
- «recoller» no DIGALEGO, Ir Indo.