complemento
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín complementum ("o que enche ou completa"), composto polo prefixo com-, o verbo plere ("encher") e o sufixo -mentum ("medio, instrumento, resultado") .
- Pronuncia: /kom.pleˈmen̪.to/ (AFI)
complemento (sg: complemento; pl: complementos)
- Aquilo que se engade a algo para que estea completo.
- (Matemáticas) Arco ou ángulo que hai que engadir a outro para obter un cuadrante ou un ángulo recto.
- Termos relacionados: suplemento.
- (Lingüística) Elemento funcional da cláusula que mantén unha relación de dependencia con respecto ao verbo e que, desde o punto de vista semántico, vén completar a información proporcionada por este.
Termos relacionados
complemento axente, complemento circunstancial, complemento directo, complemento indirecto complemento salarial, sistema do complemento.
Castelán
complemento (sg: complemento; pl: complementos)