artigo
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Substantivo masculino
artigo
- Artello.
- Escrito sobre un tema determinado, publicado nun xornal ou revista.
- Exemplo: Hoxe vén no xornal un artigo sobre o problema da droga.
- Cousa que é obxecto de comercio.
- Exemplo: Unha tenda de artigos de regalo.
- Cada un dos parágrafos dun contrato, tratado, lei etc.
- Exemplo: O artigo segundo dos estatutos.
- Cada unha das divisións dun dicionario, encabezada por unha palabra e que contén información sobre ela.
- Exemplo: En cada artigo inclúese información gramatical.
- (Gramática) Clase de palabra que presenta o substantivo, indicando o seu xénero e número. (o mércores; unhas mulleres). Tamén pode introducir outras clases de palabras pasar estas a funcionar como un substantivo. (gústame o novo; é un deber).