factor

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /fak.ˈtoɾ/ (AFI)

Substantivo

factor (sg: factor; pl: factores)

  1. Elemento ou causa que actúan xunto con outros ou outras e contribúe a obter un resultado.
    • Exemplo: Factores abióticos. Seguro que o factor que máis influíu na súa contratación foi o seu expediente académico.

  2. Persoa que fai algo.
    • Exemplo: Foi o principal factor desa falcatruada.

  3. Nas estacións de ferrocarril, empregado que se ocupa da recepción, expedición e entrega dos equipaxes e das mercadorías.
    • Exemplo: Cando chega o verán os factores da estación ven incrementados os seus traballos

      .
  4. (Matemáticas) Cada unha das cantidades ou expresións que se multiplican para obter un produto.
    • Exemplo: A orde dos factores non altera o produto.

Observacións

Nas acepcións 2ª e 3ª úsase tamén como feminino.

Termos relacionados

factor abiótico, factor biótico, factor extrínseco de Castle, factor Rhesus