servir
Aparencia
Galego
Pronuncia: /seɾˈbiɾ/ (AFI)
servir
- Traballar como servente ás ordes de alguén.
- Dar ou subministrar a alguén aquilo que necesita, solicita ou pide.
- Sinónimos: atender, subministrar, proporcionar, despachar
- Antónimos: desatender, negar, retirar
- Termos relacionados: cliente, servizo, subministración, atención
- Exemplo: A camareira serviu os clientes con rapidez.
- Exemplo: Nesa tenda serven a domicilio.
- Dar, subministrar ou entregar unha cousa solicitada ou necesaria.
- Sinónimos: subministrar, entregar, fornecer, proporcionar
- Antónimos: retirar, negar, interromper
- Termos relacionados: mercadoría, pedido, subministración, entrega
- Exemplo: Esta semana non lle podemos servir a mercadoría.
- Exemplo: Servíronlle os fertilizantes esa mesma tarde.
- Poñer ou presentar alimentos ou bebidas para seren consumidos.
- Prestar axuda ou facer un favor a alguén.
- Traballar ou actuar en favor dunha causa, institución, idea ou interese.
servir
- Ser de utilidade para algo ou producir o efecto que se expresa.
- (servir de) Poder ser usado no lugar doutra cousa ou coa función que se expresa.
- Sinónimos: valer, facer de, funcionar como, substituír
- Termos relacionados: substitución, función, uso, instrumento
- Exemplo: Esta pedra serve de martelo para cravar as puntas.
- Exemplo: A caixa serve de asento cando non hai cadeiras.
- Ser útil, axeitado ou apropiado para un fin determinado.
- Sinónimos: valer, servir, ser axeitado, ser apropiado
- Antónimos: non servir, ser inútil, ser inadecuado
- Termos relacionados: uso, fin, adecuación, utilidade
- Exemplo: Tira con ese traste, que non serve para nada.
- Exemplo: Esta caixa sérveche para gardar os lapis.
- Acaer ou quedar ben unha peza de roupa ou calzado polo seu talle ou número.
- (Deporte) Poñer en movemento a pelota ao comezo dunha xogada, especialmente en certos xogos de pelota ou raqueta.
servirse
- Proverse do necesario ou coller para si aquilo que se desexa.
- (servirse de) Valerse dunha cousa ou dunha persoa para conseguir algo ou para facer algo.
- Sinónimos: valerse, usar, utilizar, aproveitarse
- Antónimos: prescindir, renunciar, desbotar
- Termos relacionados: medio, recurso, axuda, estratexia
- Exemplo: Serviuse dun ferro para abrir a porta.
- Exemplo: Non te sirvas do teu irmán para conseguir as cousas.
Expresións relacionadas
- servir a domicilio
- servir de
- servir de axuda
- servir de exemplo
- servir en bandexa
- servir para
- servirse de
Termos relacionados
Traducións
1 e 6. Traballar para alguén ou por unha causa
2-4. Atender, subministrar ou poñer comida e bebida
5. Prestar axuda ou facer un favor
Intransitivo. Ser útil, servir de algo ou acaer
Deporte. Sacar
Pronominal. Servirse e servirse de
Conxugación
Verbo semirregular da 3ª conxugación
| Infinitivo | servir |
| Xerundio | servindo |
| Participio | servido, servida, servidos, servidas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para servir.
- «servir» no DIGALEGO, Ir Indo.
Francés
servir
Conxugación
| Infinitivo | Participio |
| servir | servi |
Portugués
servir
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do latín
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Verbos transitivos en galego
- Verbos intransitivos en galego
- Deporte en galego
- Verbos pronominais en galego
- Entradas en galego con expresións relacionadas
- Francés
- Entradas en francés con son
- Verbos en francés
- Portugués
- Verbos en portugués