valor

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «valor».
  • Fonetica.PNG Pronuncia: /baˈloɾ/ (AFI)

Open book 01.png Substantivo masculino

valor (sg: valor; pl: valores)

  1. Calidade que distingue algo por riba dos seus iguais, medida da importancia de algo.
    • Termos relacionados: prezo.
  2. Calidade de importante.
  3. Atributo que se lle atribúe a algo ou alguén.
  4. Coraxe para afrontar unha empresa, un perigo ou unha dificultade.
  5. Sentido dunha frase.
  6. Validez.
  7. (Economía) Equivalencia dunha moeda con respecto a un padrón.
  8. (Economía) Importancia que un individuo lle dá a determinado ben ou servizo, sexa para uso persoal, sexa para trocar.
  9. (Matemáticas) Magnitude dunha variable, dunha constante, cantidade matemática dunha expresión, dato ou medida.
  10. (Informática) Contido dunha variable, secuencia, constante...
  11. (Música) Duración dunha nota musical.
  12. (Filosofía) Calidade dun suxeito ou obxecto.

Traducións