Saltar ao contido

cámara

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cámara».
  • Pronuncia: /ˈka̝.ma̝.ɾa̝/ (AFI)
cámara fotográfica
cámara cinematográfica
O Palacio de Westminster, sede da Cámara dos Comúns

cámara (sg: cámara; pl: cámaras)


Substantivo feminino

  1. Peza principal dunha casa, en particular, onde se dorme.
    • Exemplo: Pasade á cámara

      .
  2. Recinto, compartimento ou espazo oco cunha función determinada dentro dun mecanismo ou dunha instalación.
    • Exemplo: '[...] e deslizándose sucesivamente dos brazos menores aos maiores, vólvese cara a cámara dereita ou ventrículo do corazón, necesitando purificacion e renovacion parcial

    • Exemplo: Cámara de aire dun pneumático. Cámara de carga dunha escopeta. Cámara frigorífica dun supermercado

      .
  3. Cavidade delimitada por paredes de orixe natural ou artificial.
  4. Aparello capaz de rexistrar imaxes, fixas ou en movemento, para despois seren reproducidas.
    • {{exemplo|Cámara de cine. Cámara de fotos.
  5. Cada unha das asembleas de representantes que forman o Parlamento.
    • Exemplo: O Parlamento galego ten unha soa cámara

      .
  6. Organización oficial que se ocupa de determinados intereses, principalmente comerciais.
    • Exemplo: Cámara de comercio, industria e navegación. Cámara da propiedade

      .
  7. Cada un dos corpos titulares do poder lexislativo.
    • Exemplo: A Cámara dos deputados

      .
  8. (Historia) No palacio do rei de España, peza onde tiñan entrada os xentilhomes e axudas de cámara, os embaixadores e algunhas outras persoas.
    • Exemplo: Antes da guerra de Lepanto Filipe II convocou na súa cámara os embaixadors dos países aliados

      .
  9. Cada un dos departamentos que, nos buques de guerra, destínase ao aloxamento dos xenerais, xefes e oficiais e, nos mercantes, ao da oficialidade ou ao servizo común dos pasaxeiros.
    • Exemplo: O almirante convocou a todos os oficiais na súa cámara

      .
  10. Compartimento que ten comunicación nos fornos metalúrxicos, para condensar ou transformar as substancias volatilizadas.
  11. Nas armas de fogo, espazo que ocupa a carga.
  12. Anel tubular de goma, que forma parte dos pneumáticos e está provisto dunha válvula para inxectar aire a presión.
  13. Especie de globo ou vexiga de goma cunha boquilla pola que se infla con aire a presión e que vai aloxada no coiro dalgúns balóns de deportes.

Substantivo

  1. Técnico especializado na toma de imaxes de cinema ou televisión.
    • Exemplo: As imaxes filmounas un cámara da televisión francesa

      .
  2. Orde que, no cinema, o director para comezar a filmar unha secuencia.
    • Exemplo: Silencio, acción, cámara!

Termos relacionados

cámara alta, cámara anecoica, cámara baixa, cámara cinematográfica, cámara de gas, Cámara dos Comúns, cámara escura, cámara fotográfica, cámara frigorífica, cámara lenta, cámara web, chupar cámara, música de cámara.