aire
Galego
Etimoloxía: do latín aer, -ĕris.
Pronuncia: [ˈaj.ɾɪ] (AFI)
Substantivo masculino
aire (sg: aire; pl: aires)
- Mestura de gases e vapor de auga que conforman a atmosfera terrestre.
- Sinónimos: ar.
- Conxunto de gases que constitúen unha certa atmosfera nun lugar e momento determinados.
- Sinónimos: ar.
- Aire (gases da atmosfera) en movemento.
- Espazo sobre a superficie terrestre.
- Sinónimos: ar.
- (Figurado) Cousa que fai que algo ou alguén sexa semellante a outro algo ou alguén.
- Sinónimos: ar, parecido, semellanza.
- Maneira na que se presenta visualmente algo ou alguén.
- (Coloquial) Ataque de parálise.
- Sinónimos: ar.
- (Figurado) Estado de debilidade, falta de apetito, etc. que se asocia popularmente ao contacto con defuntos, moribundos ou animais.
- Sinónimos: ar.
- Maleficio provocado mediante unha mirada.
- Sinónimos: ar, mal de ollo.
Traducións
- Alemán: (1) Luft (de).
- Castelán: (1) aire (es).
- Catalán: (1) aire (ca).
- Esperanto: (1) aero (eo).
- Francés: (1) air (fr).
- Inglés: (1) air (en).
- Italiano: (1) aria (it).
- Latín: (1) aer (la).
- Portugués: (1) ar (pt).
Castelán
Substantivo masculino
aire (sg: aire; pl: aires)
Catalán
Substantivo masculino
aire (sg: aire; pl: aires)