peza

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: do celta pettia, "anaco".
  • Pronuncia: [ˈpɛ.θɐ] (AFI)

Substantivo feminino

peza (sg: peza; pl: pezas)

  1. Cada unha das partes básicas e unitarias, polo xeral indivisibles, que compoñen un obxecto ou un sistema complexo.
    • Observacións: pode referirse tanto a un obxecto como a algo intanxible ou abstracto, como cada un dos compoñentes básicos dun avión, cada un dos obxectos que ensamblan un xoguete, os movementos dunha danza ou dunha obra musical, etc.
  2. Cada un dos compoñentes dun grupo de cousas similares.
    • Exemplo: Recoméndase comer tódolos días unhas cinco pezas de froita.

  3. Cada un dos elementos cos que se xoga a determinados xogos, como o xadrez.
  4. Tecido posto á venda, normalmente enrolado.
    • Exemplo: ¿Canto queres desta tea? Dáme a peza enteira.

  5. Anaco de tea ou coiro coa que se repara unha prenda.
  6. Certos animais, unha vez cazados ou pescados.
    • Exemplo: Mira que coello conseguín, unha peza espléndida.

  7. Quenda en certas actividades agrarias (rega, moenda, etc.).
  8. Parte diferenciada dentro dunha terra de labor.
  9. Canción, baile, obra de teatro.
    • Exemplo: Veña, bailamos un par de pezas máis e imos a casa.

  10. Cada un dos espazos dunha vivenda.
    • Exemplo: Vive nunha casa de só catro pezas: un dormitorio, a sala, o baño e a cociña.

Termos relacionados

Traducións