servizo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /seɾ,ˈβi,θʊ/ (AFI).

Substantivo feminino

servizo (sg: servizo; pl: servizos)

  1. Acción e efecto de servir.
    • Exemplo: Prestar un servizo. Restaurante de servizo rápido

      .
  2. Conxunto de serventes dunha casa ou dunha institución.
    • Exemplo: O novo director do hotel deu instrucciós ao servizo

      .
  3. Favor que se lle fai a alguén.
    • Exemplo: Os meus sobriños sempre están ao meu servizo

      .
  4. Organización e persoal destinados a coidar os intereses ou a satisfacer as necesidades do público ou dalgunha entidade oficial ou privada.
    • Exemplo: Servizo de correos. Servizo de incendios. Morreu en acto de sevizo.

  5. Conxunto de obxectos utilizados para servir unha mesa.
    • Exemplo: Hoxe vai vir o coselleiro, hai que poñer un servizo de porcelana de Sargadelos

      .
  6. Conxunto de utensilios que se lle pon a cada comensal na mesa.
    • Exemplo: Hai que poñer un servizo máis, que chegou un novo convidado

      .
  7. Peza dunha casa ou dun local onde está o inodoro.
  8. Paso de ou de carro polo que se accede a unha leira.
    • Exemplo: O prado ten o <u<>servizo por unha corredoira

      .
  9. (Deportes) Saque, en deportes como o fútbol, o tenis ou o voleibol, etc.
    • Exemplo: O extremo fixo o servizo do saque de esquina. O tenista fallou o tamén o segundo servizo

      .
  10. (Relixión) Celebración relixiosa.
    • Exemplo: O servizo fúnebre tivo lugar na catedral

      .

Observacións

  1. Naacepción seu sinónimo é cuberto.
  2. Naacepción son sinónimos retrete e váter.

Termos relacionados

dar servizo, en servizo, estar ao servizo de alguén, de servizo, facerlle un flaco servizo a alguén, folla de servizos, fóra de servizo, romperlle o servizo a alguén, servizo a domicilio, servizo activo, servizo de intelixencia, servizo de mantemento, servizo de mensaxes curtas, servizo discrecional, servizo doméstico, servizo militar, servizo público, servicio secreto, servizos mínimos, servizos sanitarios.