grego

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «grego».
Vexa no Galizionario as palabras en grego.
  • Pronuncia: [ˈgɾɛ.ɣʊ] (AFI)

Substantivo masculino

  1. (Linguas do mundo) Lingua ou conxunto lingüístico da familia indoeuropea, da póla das linguas helénicas, da que existen diferentes variedades e dialectos, falada principalmente en Grecia, Chipre e Albania, e minoritariamente noutros países da rexión do mar Negro como Turquía e Bulgaria.
  2. Variedade estándar moderna do conxunto anterior, oficial en Chipre, Grecia e a Unión Europea.
  3. Variedade clásica do conxunto anterior.
  4. Pobo indoeuropeo nativo das actuais Grecia, Chipre, Albania meridional, Italia, Turquía e Exipto e, en menor medida, doutros países do mar Mediterráneo, e cunha diáspora significativa.

Traducións

Substantivo

  1. (Xentilicio) Individuo de dito pobo.
  2. (Xentilicio) Cidadán de Grecia.

Traducións

Adxectivo

  1. Pertencente ou relativo a Grecia.

Traducións