Saltar ao contido

globo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈɡloβo/ (AFI)

Substantivo masculino

globo (sg: globo; pl: globos)

  1. Obxecto flexíbel que se enche de aire ou gas e que adoita ter forma esférica ou arredondada, empregado especialmente como xoguete ou adorno.
    • Exemplo: Compreille uns globos ao meu neto.

  2. Aeróstato formado por unha gran envoltura chea de gas ou aire quente, capaz de elevarse e levar baixo ela un cesto ou barquilla para persoas ou carga.
    • Exemplo: Fixemos unha viaxe en globo na Capadocia.

  3. Cuberta ou pantalla de vidro ou doutro material, xeralmente arredondada, que recobre unha lámpada.
    • Exemplo: Puxen uns globos novos nas lámpadas do salón.

  4. Corpo ou figura de forma esférica ou case esférica.
    • Exemplo: O globo ocular está protexido polas pálpebras.

  5. (Banda deseñada) Espazo delimitado por unha liña que contén as palabras ou pensamentos dun personaxe nun cómic, debuxo ou viñeta.
    • Exemplo: Lía os globos en voz alta para que o neno seguise a historia.

  6. (Deportes) Lanzamento, pase ou tiro en que a pelota describe unha traxectoria alta e curva.
    • Exemplo: O pivote lanzou un globo desde o centro da pista e encestou.

Termos relacionados

Traducións

Referencias