común
Aparencia
Galego
Pronuncia: /koˈmuŋ/ (AFI)
común (sg: común; pl: comúns)
- Que se aplica ou se refire a todas as persoas ou cousas, ou á maioría delas, ou que é posuído por elas.
- Exemplo: A humanidade ten certas características comúns.
- Exemplo: A humanidade ten certas características comúns.
- Que se dá de modo xeral, que sucede case sempre.
- Exemplo: É moi común entre a xente desa aldea que teña polo menos unha vaca.
- Exemplo: É moi común entre a xente desa aldea que teña polo menos unha vaca.
- Que non é especial ou distinguido.
- Exemplo: Lugar común. Xente común.
- Exemplo: Lugar común. Xente común.
- Que, sen ser privado de ninguén, é compartido ou aproveitado por varias persoas á vez ou por unha comunidade.
- Exemplo: Despois do incendio, os veciños plantaron carballos no monte común.
- Exemplo: Pastos comúns.
- Exemplo: Despois do incendio, os veciños plantaron carballos no monte común.
- Que é corrente e admitido por todos ou pola maior parte.
- Exemplo: Opinión común.
- Exemplo: Opinión común.
- Que é frecuente e moi sabido.
- Exemplo: É moi común almorzar antes de ir ao traballo.
- Exemplo: É moi común almorzar antes de ir ao traballo.
común (sg: común; pl: comúns)
- Terreo, monte ou ben de aproveitamento compartido por unha comunidade.
- Exemplo: O lume asolou o común.
- Exemplo: O lume asolou o común.
- Comunidade, xeneralidade ou conxunto maioritario das persoas.
- Exemplo: O común das xentes prefería unha solución pacífica.
- Exemplo: O común das xentes prefería unha solución pacífica.
Termos relacionados
- ano común
- bens comúns
- bens de aproveitamento común
- Cámara dos Comúns
- común de tres
- común denominador
- común divisor
- condominio en man común
- delito común
- dereito común
- en común
- era común
- fosa común
- lugar común
- macela común
- máximo común divisor
- montes en man común
- nome común
- o común das xentes
- polo común
- posición común
- prego común
- musgaño común
- sal común
- sentido común
- ter algo en común
- trigo común (Triticum aestivum)
- voz común
- xunca común
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para común.