secuencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /se.ˈkwen.θja/ ou /se.ˈkwen.sja/ (AFI)

Substantivo feminino

secuencia(sg: secuencia; pl: secuencias)

  1. Sucesión ou serie ordenada de cousas que gardan entre si certa relación.
    • Exemplo: No carnaval de Río de Janeiro houbo unha secuencia de crimes

      .
  2. Nun filme, plano ou serie de planos que constitúen unha unidade argumental.
    • Exemplo: Este director é moi hábil nas secuencias de planos e contraplanos.

  3. (Bioloxía) e (Química) Ordenación específica das unidades que constitúen un polímero.
    • Exemplo: Estuda a secuencia dos aminoácidos das proteínas. O problema está en que hai unha anomalía na secuencia dos nucleótidos do seu ADN.

  4. (Lingüística) Orde sintáctica das palabras na frase.
  5. (Matemáticas) Conxunto de cantidades ou operacións ordenadas de tal maneira que cada unha está determinada polas anteriores.
    • Exemplo: Tedes que calcular o límite desta secuencia

      .
  6. (Música) Progresión ou marcha harmónica.
    • Exemplo: A secuencia do minueto.

  7. (Relixión) Texto litúrxico que se recita ou se le na misa despois do gradual.
  8. (Xeoloxía) En estratigrafía, sucesión de feitos xeolóxicos ou de rochas sedimentarias que seguen unha orde cronolóxica.

Termos relacionados

plano secuencia