crista

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈkɾista/ (AFI)

Substantivo feminino

crista (sg: crista; pl: cristas)

Un galo cunha longa crista vermella.
  1. (Zooloxía) Carnosidade ou carúncula que presentan no cumio da cabeza algunhas aves da orde das galiformes, que normalmente está máis desenvolvida nos machos.
  2. (Zooloxía) Copete, moño ou penacho de plumas que adorna a cabeza dalgunhas aves.
  3. (Anatomía) Nome de diversas estruturas do organismo. Aplícase especialmente ás eminencias óseas estreitas e acabadas en punta.
  4. (Zooloxía) En xeral, e por extensión, calquera liña saínte, alta, continua e ordinariamente cortante, situada en calquera parte do corpo de calquera animal, especialmente dos insectos.
  5. Por extensión, protuberancia pequena que presenta unha superficie calquera.
  6. (Botánica) (Polygonum persicaria) Planta herbácea da familia das poligonáceas, con flores rubias e follas lanceoladas que acostuman ter unha mancha negra.
  7. (Botánica) Apéndice dorsal do pétalo anterior das polígalas.
  8. (Botánica) Arilo de pequeno tamaño que se forma sobre o rafe.
  9. (Botánica) En xeral, prominencia de bordo máis ou menos serrado ou dentado, perpendicular a unha superficie.
  10. (Mineraloxía) Masa de cristais de formas obtusas e indeterminadas, delgadas e cos bordos arredondados.
  11. (Figurado) Cume penedoso, máis ou menos afiado, dunha montaña.
  12. (Figurado) Cume dunha onda cuberta de escuma.
  13. (Xeomorfoloxía) Relevo agudo e alongado que constitúe a liña que separa dúas vertentes principais dunha montaña.
  14. (Xeoloxía) As partes máis altas dunha dobra anticlinal.

Galería

Termos relacionados


Latín

Substantivo feminino

crista (sg: crista; pl: cristae)

  1. (Anatomía) Crista.

Termos relacionados