Saltar ao contido

alto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

alto1

  • Pronuncia: /ˈalto̝/ (AFI)

Adverbio

alto

  1. A moita distancia, considerada en dirección vertical, do chan ou doutra superficie.
  2. [Emitir son] con moita intensidade.
    • Exemplo: Fala máis alto.

Adxectivo

alto (ms: alto; mpl: altos; fs: alta; fpl: altas)

  1. Que está a moita distancia, considerada en dirección vertical, do chan ou doutra superficie.
  2. Que ten grande a dimensión vertical.
  3. Que está a un nivel bastante superior ó da media ou ó que é normal e ordinario.
  4. Dirixido cara ó ceo.
  5. [Son] de moita intensidade.
  6. De moita importancia ou categoría.
  7. [Río] na parte próxima ó seu nacemento.
    • Exemplo: O alto Miño.

    • Observacións: Colócase xeralmente diante do substantivo ó que acompaña.
    • Antónimos: baixo.
  8. Próximo ó nacemento, principio ou orixe [dunha época histórica, do desenvolvemento dunha lingua, etc.].
    • Exemplo: A alta idade media.
      O alto alemán.


    • Observacións: Colócase xeralmente diante do substantivo.
  9. [Estación ou temporada turística] en que hai máis afluencia de xente.
  10. (Música) Que ten unha alta frecuencia de vibracións.

Traducións

Substantivo masculino

alto (sg: alto; pl: altos)

  1. Dimensión vertical [dun corpo].
  2. Lugar elevado sobre a superficie da terra.
  3. Parte máis alta [dunha cousa].
  4. (Música) Son que ten unha baixa frecuencia de vibracións.

Termos relacionados

alto2

  • Pronuncia: /ˈalto̝/ (AFI)

Interxección

alto

  1. Definición impropia: Orde que se a alguén para que cese o movemento, a actividade ou o seu discurso.

Traducións


Substantivo masculino

alto (sg: alto; pl: altos)

  1. Acción de interrompe-lo discurso ou a actividade que se está a realizar.


Kotava

  • Etimoloxía: unha raíz inventada arbitrariamente
  • Pronuncia: ˈalto (AFI)
alto

Substantivo

alto

  1. Corpo.