corvo mariño cristado
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de corvo mariño e cristado.
- Pronuncia: /ˈkɔɾβo maˈɾiɲo kɾisˈtaðo/ (AFI)
corvo mariño cristado (sg: corvo mariño cristado; pl: corvos mariños cristados)
- (Ornitoloxía) Ave pelecaniforme da familia dos falacrocorácidos, Phalacrocorax aristotelis Linné, de 76 cm de lonxitude, co pescozo lixeiramente máis fino e curto có do corvo mariño real, e peteiro máis pequeno, plumaxe totalmente negra con reflexos verdosos, e que loce na época de cría unha crista de plumas, ao que alude o seu nome. Vive nas costas rochosas do occidente da rexión paleártica. En Galicia é especie nidificante, sendo bastante abundante e actualmente en expansión.