Saltar ao contido

agudo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /aˈɣuðo̝/ (AFI)

Adxectivo

agudo (ms: agudo; mpl: agudos; fs: aguda; fpl: agudas)

  1. Que remata nunha punta afiada.
  2. Que ten unha mente enxeñosa.
  3. Propio de quen ten unha mente enxeñosa.
  4. De moita intensidade.
  5. Que percibe as sensacións de maneira extraordinaria.
  6. (Lingüística) [Palabra] que leva o acento de intensidade na última sílaba.
  7. (Música) Que ten unha alta frecuencia de vibracións.
  8. (Matemáticas) [Ángulo] que ten menos de noventa graos.

Traducións

Substantivo masculino

agudo (sg: agudo; pl: agudos)

  1. (Música) Son que ten unha alta frecuencia de vibracións.


Castelán

  • Pronuncia: /aˈɣu.ðo/ (AFI)

Adxectivo

agudo (sg: agudo; pl: agudos)

  1. (Matemáticas) Agudo (de menos de noventa graos).


Portugués

Adxectivo

agudo (sg: agudo; pl: agudos)

  1. (Matemáticas) Agudo (de menos de noventa graos).