punta

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

  • Fonetica.PNG Pronuncia: [ˈpun.tɐ] (AFI)

Open book 01.png Substantivo feminino

punta (sg: punta; pl: puntas)

  1. Extremo agudo dunha cousa, normalmente que pincha.
    • Exemplo: Temos que afia-la punta do coitelo.
  2. Extremo dunha cousa máis ou menos longa, aínda que non sexa agudo.
    • Exemplo: Dóeme a punta do dedo.
  3. Cravo pequeno.
    • Exemplo: Téñolle que poñer unhas puntas á mesa para que non rompa.
  4. Extremo máis alto dunha cousa.
    • Exemplo: A cegoña aniñou na punta da espadana.
  5. (Xeografía) Parte de terra que se adentra no mar.
    • Exemplo: O petroleiro encallou na Punta do Boi.
    • Sinónimos: cabo.
  6. Folla de tabaco de excelente calidade.
  7. Grupo de animais que se separa dun rabaño.
  8. Cada unha das partes que están máis afastadas do centro ou medio de todas.
  9. (Alimentación) Parte do solombo correspondente á parte menos grosa deste.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

Open book 01.png Substantivo feminino

punta (sg: punta; pl: puntas)

  1. Punta (extremo agudo).
  2. Punta (extremo de algo longo).
  3. Punta (cravo pequeno).
  4. Punta (extremo máis alto).
  5. (Xeografía) Cabo, punta.
  6. Punta (folla de tabaco).
  7. Punta (animais que se separan dun rabaño).