estrutura

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «estrutura».
  • Pronuncia: /estɾuˈtuɾa/ (AFI)

Substantivo feminino

estrutura (sg: estrutura; pl: estruturas)

Estrutura dunha folla. Vista en corte transversal.
Estrutura da molécula de ácido nítrico, mostrando ángulos e enlaces.
Granito da variedade rosa Porriño, na que se pode ver a estrutura granular desta rocha.
  1. Forma en que están ordenadas entre si as partes dun todo.
  2. Armazón que sostén algo.
  3. (Bioloxía) Disposición tridimensional das partes dunha substancia, un órgano ou un organismo.
  4. (Botánica) Disposición dos diversos elementos e tecidos no interior dun vexetal.
  5. (Edafoloxía) Característica física esencial dun solo que corresponde ao modo de unión das partículas que constitúen o seu esqueleto, ligadas entre si por cementos ou coloides orgánicos e minerais.
  6. (Xeoloxía e xeomorfoloxía) Combinación xeométrica de orixe tectónica que se observa desde a escala microscópica (microestutura) até a escala rexional (macroestrutura), por exemplo, desde a microdobra até a dobra tombada de escala quilométrica.
  7. (Petroloxía) Forma, tamaño e disposición macroscópica dos constituíntes dunha rocha.
  8. (Física) Disposición dos constituíntes da materia en forma de moléculas ou redes cristalinas.
  9. (Psicoloxía) Organización de trazos, motivos e formas de comportamento que caracterizan unha persoa determinada.
  10. (Mineraloxía) Cada unha das diferentes estruturas que poden formarse nas moléculas dos silicatos: a maioría están formados por tetraedros SiO4, nos que catro átomos de oxíxeno están dispostos ao redor dun átomo de silicio.

Termos relacionados

Traducións