amparar
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ampaˈɾaɾ/ (AFI)
ampararse
- Protexerse [das inclemencias do tempo atmosférico ou dun perigo] situándose [en algures].
- Exemplo: Amparámonos da tormenta na sobeira.
- Exemplo: Onde nos imos amparar cando se faga noite?
- Sinónimos: abeirarse, abrigarse, agarimarse, gorecerse, gorirse, guarecerse, guarirse, resgardarse.
- Exemplo: Amparámonos da tormenta na sobeira.
- Servirse de [algo] para xustificarse.
- Observacións: o obxecto da acción vai precedido da preposición «en».
- Exemplo: A industria do entretemento ampárase en leis de hai séculos para esixir novas medidas contra o intercambio de ficheiros.
- Sinónimos: escudarse.
amparar
- Protexer [algo] [das inclemencias do tempo atmosférico ou dun perigo] situándoo [en algures].
- Proporcionarlle protección ou refuxio [a alguén] do que o pode danar ou prexudicar.
- Exemplo: A lei ampara xeralmente aos inquilinos en cuestións de alugamento.
- Exemplo: O único que os amparaba das frechas incendiarias eran os seus pequenos escudos de madeira.
- Termos relacionados: defender, protexer.
- Exemplo: A lei ampara xeralmente aos inquilinos en cuestións de alugamento.
- Evitar que [algo] se coñeza.
Traducións
Protexer do tempo ou dun perigo.
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | amparar |
Xerundio | amparando |
Participio | amparado, amparada, amparados, amparadas |
1 Vostede(s) |