crista
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín crista, -ae (moño de paxaro).
- Pronuncia: /ˈkɾista/ (AFI)
crista (sg: crista; pl: cristas)
- (Zooloxía) Carnosidade ou carúncula que presentan no cumio da cabeza algunhas aves da orde das galiformes, que normalmente está máis desenvolvida nos machos.
- (Zooloxía) Copete, moño ou penacho de plumas que adorna a cabeza dalgunhas aves.
- (Anatomía) Nome de diversas estruturas do organismo. Aplícase especialmente ás eminencias óseas estreitas e acabadas en punta.
- Exemplo: Crista ilíaca.
- Exemplo: Crista ilíaca.
- (Zooloxía) En xeral, e por extensión, calquera liña saínte, alta, continua e ordinariamente cortante, situada en calquera parte do corpo de calquera animal, especialmente dos insectos.
- Por extensión, protuberancia pequena que presenta unha superficie calquera.
- (Botánica) (Polygonum persicaria) Planta herbácea da familia das poligonáceas, con flores rubias e follas lanceoladas que acostuman ter unha mancha negra.
- Sinónimos: beldro, cristo, herba pulgueira.
- (Botánica) Apéndice dorsal do pétalo anterior das polígalas.
- (Botánica) Arilo de pequeno tamaño que se forma sobre o rafe.
- Exemplo: Moitas sementes das papaveráceas presentan crista.
- Exemplo: Moitas sementes das papaveráceas presentan crista.
- (Botánica) En xeral, prominencia de bordo máis ou menos serrado ou dentado, perpendicular a unha superficie.
- (Mineraloxía) Masa de cristais de formas obtusas e indeterminadas, delgadas e cos bordos arredondados.
- (Figurado) Cume penedoso, máis ou menos afiado, dunha montaña.
- Exemplo: Ao fondo, divisábanse as cristas do Monte Kenya.
- Exemplo: Ao fondo, divisábanse as cristas do Monte Kenya.
- (Figurado) Cume dunha onda cuberta de escuma.
- Exemplo: O surfista deslizouse con habilidade sobre a escumosa crista da onda.
- Exemplo: O surfista deslizouse con habilidade sobre a escumosa crista da onda.
- (Xeomorfoloxía) Relevo agudo e alongado que constitúe a liña que separa dúas vertentes principais dunha montaña.
- Sinónimos: aresta.
- (Xeoloxía) As partes máis altas dunha dobra anticlinal.
Galería
-
A mouta de plumas ou moño que adorna o cumio da cabeza de certas aves tamén se denomina (impropiamente) crista.
-
Crista saxital no cumio do cranio do homínido Paranthropus aethiopicus.
-
Crista (ou vela) dun Spinosaurus.
-
Estrutura dunha mitocondria (o número 3 indica unha das cristas)
Termos relacionados
- crista de galiña
- crista de galo
- crista de presión
- crista filoniana
- crista frontal
- crista ilíaca
- crista lambdoide
- crista mamaria
- crista mitocondrial
- crista monoclinal
- crista nasal
- crista neural
- crista occipital
- crista prelitoral
- crista saxital
- crista xenital
- cristado
- cristas de galo
Latín
crista (sg: crista; pl: cristae)
Termos relacionados
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do latín
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Substantivos femininos en galego
- Zooloxía en galego
- Anatomía en galego
- Botánica en galego
- Mineraloxía en galego
- Figurado en galego
- Xeomorfoloxía en galego
- Xeoloxía en galego
- Latín
- Substantivos femininos en latín
- Anatomía en latín