Conversa usuario:Lameiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

comtando os anos[editar]

Moitas gracias Lameiro ! Aproveito pa decirche que gostanme moito as palabras que andas engadindo. Saudos Elvire 14:59, 24 febreiro 2008 (UTC)


Categorias e histoloxía[editar]

Ola Lameiro! Eu de ciencias non sei nada, fago por analoxía, mentras que ti sabes, veño de retirar a "categoria:Histoloxía" da rama da medicina. Pareceme millor levar consenso nun proxecto que copiar doutros, por demaís cando non teño opinion persoal no tema. Non teñas dubidas en comentar o que fago. Eu ó que quero é colaborar. No das categorias a mín o que me iria ben serian algunas regras que hai na wiki francesa : unha categoria non pode ter menos de 10 artigos (non se respetan sempre), unha categoria nunca pode estar vermella (eso si que se respeta). Eu como lectora gustame orden nos diccionarios e nas enciclopedias, e nos que estan agora na rede gustame poder navegar, as categorias permiten isto. E por isto que si facia o que me conven a mín, pois encheria primeiro as categorias xerais e logo os usuarios "especialistas dos temas", cando se acadan os 200 artigos (1 páxina da categoria) irian vendo si se pode abrir unha ou duas subcategorias. A ramificacíon iria a miudo que hai bastante artigos para ir dentro. Cando cheguei no Galzionario tardei moito en darme conta que temos tantos artigos, eu navegaba ca portada !
Non sei cando me chamas artista e dis que sei mais ca ti si non te burlas de mín ! Cada un ten as suas posibilidades e eu trato de pór as miñas ao servicio do coñocemento de balde colaborando. Xa to repito Lameiro, non esquezas de comentar o que fago en secas, a mín nunca me parece mal que se me digan as cousas si é con respeto e boa fé. Saúdos e grazas polo comentario sobre a histoloxía, xa esta corrigido. Elvire 16:13, 13 xullo 2008 (UTC)

duas preguntas[editar]

Ola Lameiro !
Primeira pregunta : noutros diccionarios wiki as traducións permiten de ir ver o artigo no diccionario da lingua propia ( ves no verbo fr:oublier no diccionario en francés, baixando as traducións podes ver que en galego (galicien) dise "esquecer", logo si fas "clic" no pequeno "gl" poís llegas o artigo do galizionario. En canto o artigo non esta feito no Galizionario poís a ligazón leva igual o Galizionario que responde ca palabra ainda non esta creada ! .... hasta o día que a teñamos.
Segunda pregunta : para mín (sempre seguindo a analoxía ca lingua francesa) "columna vertebral" é unha locución substantiva (locution nominale en francés). Pero sei por experienza que debese ter moitas dubidas con esto da analoxía, en moitos casos renuncio a traducir, pero algunhas veces parece tan lógico e mirando o diccionario da RAG po&is botome ! Saúdos Lameiro. Elvire 21:46, 19 xullo 2008 (UTC)

Re: Boas tardes[editar]

Tanto como boas... empeorou un pouco o tempo, para min quedou tarde de Galizionario :). Ola Pedro, dá gusto ver o esmerado traballo que estás a facer; moitas grazas, penso que é un traballo moito menos cómodo que o que viña facendo eu ultimamente, pero tan necesario. O de aprender as técnicas de edición... pouco a pouco, é algo que se aprende co uso; a min tamén me queda moito por aprender, pero se tés calquera dúbida ou proposta non dubides en comentarma. Respecto ás palabras que figuran na miña páxina, máis que dúbidas son artigos que precisan unha revisión estudada. O caso das lagartixas, como ben dis, é un rechamante castelanismo; sen embargo aparece recolleito no Estraviz. Por outro lado, creo que a distinción lagarto (variedades grandes) / lagarta (variedades pequenas) non está tan consensuada na lingua oral. brecar, polo seu lado, non recolle no Galizionario a mesma acepción que abracar. Se queres traballar ti nestas palabras, adiante. E se queres máis traballo, aquí, aquí e aquí hai un mogollón. (Só é unha suxerencia, eh. Ti traballa no que máis te motive). Aburiño! Furagaitas* 20:03, 20 xullo 2008 (UTC)

metamorfose[editar]

No artigo metamorfose corrixiches Desde que casou por Desde casou. ¿Ti estás seguro de que sobra ese que? Furagaitas* 18:37, 28 xullo 2008 (UTC)

Propostas & A palabra do día[editar]

Ola Lameiro, grazas por darlle vida ó Galizionario. Ás seccións A palabra do día e Sabías que íalles sendo moita hora completalas, máis que nada por apareceren na portada. Non sei se era o que estabas buscando cando empezaches con ese labor, pero acabo de atopar algo interesante e quería compartilo contigo. ¿Sabías que se escribes {{:artigo}} dentro de outro artigo reprodúceche o primeiro artigo sen ter que copialo? Furagaitas* 19:24, 5 agosto 2008 (UTC)

Info adicional nas acepcións[editar]

Boas. Cando queres poñer seccións dentro das acepcións non podes poñer ":*", xa que con iso re reinicia a numeración das acepcións; hai que usar "#*". Como podes ver en corazón, aos exemplos tamén lles puxen un título "#* '''Exemplo:'''". Furagaitas* 16:56, 8 agosto 2008 (UTC)

mexillón[editar]

Moitas grazas pola información, é unha anotación moi interesante, e parece unha pena non citala, aínda que só sexa na páxina de conversa. O que tamén sería interesante, a falta de fontes escritas que o corroboren (¿?), é dar tódolos datos que se poidan da forma en cuestión (lugar no que se documenta,...). Como xa dis ti, "non vale a investigación propia e todo iso"; que eu saiba, en ningunha páxina do Galizionario se fai esa restricción, pero non me parece conveniente que calquera poida crear a entrada que lle apeteza sen ter unha fonte fiable na que se documente esa expresión. Como di pola Wikipedia 'WP non é fonte primaria'. Por iso estaba pensando en documentarme para propoñer unha Política para o Galizionario. Toda colaboración é ben recibida. Aburiño, Furagaitas* 00:34, 12 agosto 2008 (UTC)

intestino delgado[editar]

Xa está resolto o do Modelo:-ver-. Hai uns días, cando lle puxen a icona, vin 'PAGENAMEE' e cambieino por 'PAGENAME'. É o que pasa por modificar cousas sen saber :). Grazas. Furagaitas* 22:07, 13 agosto 2008 (UTC)

Nas categorías lístanse tódalas páxinas marcadas con [[categoría:......]]. Nunha categoría non é posible que haxa unha ligazón cara unha páxina inexistente, xa que esa páxina debe estar categorizada para aparecer na listaxe. A idea é que tampouco existan categorías vacías (é dicir, que non haxa ningunha páxina categorizada). Tamén pode acontecer que haxa páxinas categorizadas nunha categoría inexistente (é dicir, non existe unha páxina na que listalas). Ás veces na páxina non aparece ningún [[categoría:......]], pero a páxina está categorizada igual por algún dos modelos que contén (-gl-, sem, subst,...).
Por outra banda, un apéndice é unha páxina que lista unha serie de palabras (relacionadas entre si, como pasa normalmente nas categorías) elixidas polo autor, con ligazóns cara as páxinas desas palabras (esas palabras non teñen por que existir).
Podemos dicir que un apéndice contén un resumo dunha categoría, ou o mesmo contido que unha categoría pero ordenado doutro xeito. Podes facerte unha idea vendo o código do apéndice de matemáticas e o da categoría matemáticas.
Respecto ó que comentabas hai uns días na Taberna sobre palabras que poden pertencer a varias (sub)categorías, non teño unha opinión moi formada, por iso excusei contestar. Elvire penso que domina algo máis o tema.
Furagaitas* 23:06, 13 agosto 2008 (UTC)

Conta global[editar]

Lameiro : "Na Galipedia e en es:wiki son "Lameiro", e no Galizionario son "P_Lameiro". As contraseñas son diferentes nos tres casos e o único que coincide é o correo, que teño o mesmo nos tres. Tamén me rexistrei en Betawiki -nunha época na que Xosé e Alma andaban traducindo tódalas mensaxes- e aí son ta´mén "Lameiro" e cunha cuarta contraseña diferente; pero isto de Betawiki non me interesa agora. Non estou rexistrado en ningún outro wiki. Así teño as cousas. Non cumprindo a condición que dis: "mismo nome, misma contraseña e mismo correo", ¿ten arreglo isto? Xa me contarás. Do que me dis dos 100 artigos... xa falaremos. Un saúdo, Pedro --P Lameiro 23:10, 1 setembro 2008 (UTC)"

Non tes que pensar si te interesa ou non un proxecto. O que importa é que a tua conta global sexa posible : un nome, unha contraseña, un correo electronico. No momento que pides unha conta global isto vai estenderse teoricamente para todo proxecto wiki é decir que teras o teu nome da conta global reservado para todoos os proxectos. É unha xestion global das tuas contas do momento e de todas posibilidades de contas. É por isto que debese pedir a conta global sin conflito de identidade : un nome, unha contraseéna (que no futuro podras mudar), un correo = unha identidade.
  • (A) o correo = o maís facil : vas controlar que tes o mismo en todoos usuarios que tes (entendin que tes 4), si non é o caso, corrixes enseguida. O feito, feito.
  • (B) a contraseña = idem correo. O feito, feito.
  • (C) o nome de usuario : tema delicado :
  1. Escoller un nome, o que queiras = Lameiro (digo isto por sencillez e como exemplo.
  2. Homoxeneizar unha identidade única para os usuarios que tes. Concretamente si escolliches Lameiro e si ficheches (A) e B , poís xa tes unha identidade identica nas wikis gl, es e en Betawiki (Non sei moito o que isto, pero si é un "lugar" donde tes usuario, pois penso que tes que consideralo). Quedache o wikidiccionario onde tes que pedir a un burocrata que che cambie de nome de usuario pola razón que queres ter unha conta SUL. Eiqui é un pequeno proxecto e vas a taverna, e ainda que sexamos pequenos vin que temos dous burocratas, Prevert e Aricum, e tamén vin que Prevert estuvo por eiqui.
  3. Logo pareceme que estaria ben de fazer un control, eiqui, por que nunca se sabe, pode haber un usuario Lameiro na wiki dunha lingua calqueira. Cando lle pides o cambio de nome o burocrata Prevert, aproveita para preguntarlle como podes comprobar que non hai outro Lameiro , sabendo que tu xa estas listo nos proxectos donde tes usuarios.
  4. Si tes a misma identidade (lembra que son tres elementos) para todos usuarios e que ninguén che fai competencia co nome Lameiro : vas as preferencias pedir a conta global. Podelo facer no proxecto que queiras.
    Do que eu entendo, si pides a conta coa a seguridade que non hai conflito, nin competencia de nome, poís seria raro ca tua pedida teña un "bug". Maña a noite volvo pasar para saber si vas para diante ! Saúdos Lameiro Elvire 21:34, 2 setembro 2008 (UTC)
Ola Lameiro, todo iso non son lios, son aventuras virtuales ! Fas todo mui ben ! O que entendo é que vas ter que xestionar o conflito de nome dos usuarios que non eres ti. Poís diriache que eu que non entendo a lingua inglesa non me gustaría moito xestionar isto. Outra posibilidade seria que agora que sabés ben cantos usuarios tés, que lle unificaches os correos e as contraseñas, poís escollería outro nome, por exemplo Lameiro2009, ou algo esi de modo que gardas algo e engades algo que non é moi posible que teña conflito. Vas aos proxectos e pides o cambio de nome explicando que é para SUL e para evitar conflito de nome. A operación pode parecer fastidiosa, pero ten a ventaxe de ser sencilla e facil de vixiar. Isto acabado pides a conta global. Pero si contas xestionar o conflito de nome, poís rexistrate en maís proxectos como di Prevert, outras wikipedia, outros wikidicionarios ... Saúdos Lameiro e vive a aventura, todos camiños van a Roma ! Elvire 21:04, 4 setembro 2008 (UTC)
Agarda o que di Prevert que sabe maís. No meu entender, entendiches ben ! Todo isto pareceche complicado agora, maís só é unha complexidade que vaise pór o teu alcanze. Quen che dí que polos tempos vindeiros non iras pór un interwiki no wikidicionario turco ? e estara millor con nome de usuario en debe dunha IP. Logo lembra que a conta global é o concepto de que unha persoa sexa unha identidade na unidade que forman o conxunto dos proxectos wikis, e é isto o que pareceme a mín o maís importane como elemento de xestion. Animate Lameiro ! Elvire 05:13, 5 setembro 2008 (UTC)

Cambio de nome de usuario[editar]

Ola Lameiro. Feito. Agora podes entrar como Lameiro co mesmo contrasinal que tes agora e o historial de contribucións de P Lameiro pasou a ser o de Lameiro. En canto a Commons hai que solicitalo alí, o posible problema (aínda que o usuario só ten unha contribución) é que hai outro Lameiro na Wikipedia en portugués e semella que foi el quen creou o usuario nese wiki. Penso que pode ser útil que rexistres o nome Lameiro en varios wikis, polo menos os máis grandes, para que cando o sistema requira que só un dos usuarios quede con Lameiro sexas ti quen máis dereitos teña. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:31, 4 setembro 2008 (UTC)

As opción posible son catro:
  1. Que un dos dous renuncie ao nome de usuario
  2. Mover o teu usuario a un usuario novo
  3. Crear a conta global parcial, é dicir, unficar no formulario todas as contas menos ás que corrsponden ao usuario portugués
  4. Esperar a que o sistema asigne a propiedade da conta a un só dos usuarios de acordo cos criterios que se establezan
Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:36, 14 setembro 2008 (UTC)

Espadelar[editar]

Ola Lameiro. Xa importei o historial. Na túa páxina de conversa da Galipedia deixeiche a lista das páxinas que xa importei e que marquei como eliminación rápida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:42, 30 setembro 2008 (UTC)

Categorías redundantes[editar]

Ola compañeiros. O que me conta Elvire é debido a que o modelo {{-locuc-}} leva a categorización consigo, e toda páxina na que se utilice quedará categorizada. Habería que modificar o modelo para que non categorizase, ou para que categorizase correctamente. Casualmente hoxe estiven pensando en algo moi relacionado con todo isto... Cando acabe co que teño entre mans espero darlle solución.
Entendo que se as locucións están categorizadas, e por exemplo os substantivos non o están, será porque o creador dos respectivos modelos creu máis interesante categorizar as locucións. Outros wiktis categorizan substantivos, locucións,... separándoas por lingua; un exemplo é o Wiktionnaire, que ten ata categorías para locucións verbais conxugadas, cando nós nin cabeceira temos para este tipo de locucións (apúntoa para as tarefas pendentes). Furagaitas* 00:28, 10 outubro 2008 (UTC)

re: mel[editar]

Boas Lameiro !
Non estou segura de entender ben o que me preguntas. Mira o que engadín mel copiando de fr:miel de como o muxeron para a tradución do hébreo antigo. A veces en fr en outras wikis poñen soamente (f) ou (m) en debe de pór a palabra enteira. Da xeito xeral todo o que é informe sobre caracteristicas da paalbra traducida ponse despoís da tradución entre parentesis (), eu que noto nos outros dicionarios wikis , por ejemplo eiqui fr:voisin, para decir a tradución en lingua inglesa que vale para EEUU (États-Unis) e logo a que vale para Gran Bretaña (Grande-Bretagne):



Non sei si contestei o que me preguntas ?

Eu nistes casos só doulle valor a decir para cales definicións galegas vale a tradución. Saúdos Elvire 21:55, 16 outubro 2008 (UTC) Elvire 21:55, 16 outubro 2008 (UTC)

sangue(m)[editar]

Queres dicir que te apoiaches no Xerais ¿non? ;) Resulta útil cotexar a información en dúas fontes diferentes. Eu non atopei sangue(m) por ningures (evidentemente o Xerais non o consultei), pero desde logo non é un caso de sanguis, -ĭnis. No Houaiss reza "Do latim *sanguen, -inis, por sanguis, -inis". Conste que eu tampouco non teño moita idea de latín. Furagaitas* 00:29, 22 outubro 2008 (UTC)

Imaxes[editar]

Ola de novo. A imaxe que intentaches usar en palleiro non se ve porque non está en Commons, senón na Galipedia. Para poder usar un arquivo este ten que estar ou no Galizionario ou en Commons. Furagaitas* 01:54, 22 outubro 2008 (UTC)
Se finalmente non podes usar esa imaxe, atopei estoutras: Image:Yunnan_haystack.JPG, Image:Sare_Meule_de_fougères.jpg, Image:Meda_típica_gallega.JPG. Furagaitas* 02:31, 22 outubro 2008 (UTC)

Esta noite xa a subo eu para commonsElvire 12:53, 22 outubro 2008 (UTC)
Prefiro o palleiro de Pepe do Couto. ¡Onde vai parar fronte a estes outros tres! Grazas a Elvire po-lo traballiño de subila a Commons. Pedro --Lameiro 22:25, 22 outubro 2008 (UTC)
Feito con moito gusto ! Elvire 04:43, 23 outubro 2008 (UTC)

piallo[editar]

Pois grazas pola información, se non me comentas nada pola miña parte pasaba desapercibida. En primeiro o único que fixen foi corrixir un erro que atopei no artigo, pero o teu aviso motivoume a buscar fontes, e non as atopei, nin no TILG, nin en Google (coa sentencia piallo carro), nin no Diccionario de Diccionarios (onde, por certo, descubrín que as formas pinall- son propias da provincia de Ourense). Por outro lado, no Galizionario non temos recollido pinallo, o que me fai pensar que puido haber algún tipo de confusión, polo que tomo a decisión de mover piallo a pinallo.
Na miña zona chámaselle pialla (no volG pealla *) á correa que une dúas cangallas por baixo do colo do animal, mentres que a trenla une as dúas cangallas interiores pola parte de riba do xugo.
Hai tempo pretendín revisar as denominacións das partes do carro recolleitas e por recoller no Galizionario, pero abandonei pronto o proxecto porque atopei outros traballos máis urxentes.
Grazas por estar tan atento. Furagaitas* 20:01, 26 outubro 2008 (UTC)

Wiktionary:Taberna#Axuda[editar]

Agradecería que, cando tiveses tempo, pasases pola Taberna a dar a túa opinión. Intento que vaiamos chegando todos a un consenso e ir plasmándoo nunha completa páxina de axuda ao estilo da da Wikipedia. Un saúdo! -Gallaecio 16:14, 16 maio 2009 (UTC)

Re: Correccións[editar]

Boas Pedro. A túa reaparición foi impresionante. Parabéns polo traballo. Vexo que te adaptaches bastante ben ó novo modelo de artigo. Estaba pensando terminar de repasar as túas edicións para comentarche en que podes mellorar, pero aproveito agora. A estrutura básica dos artigos é máis ou menos esta. Habería que engadir os modelos homo de desambiguación ó comezo do artigo cando fose preciso. Os modelos {{etim}}, {{pronuncia}} e {{son}}, é recomendable usalos sempre que a entrada poida levar esa información, xa que, aínda que sexa baleiros, categorizan a entrada. Os modelos {{outgraf}} e {{homofonos}} utilízanse só cando fan falla, igual que o modelo {{lema}}, que encabeza, dentro dun mesmo artigo e lingua, entradas con etimoloxía diferente.
Observa que temos dous xeitos de recoller a información adicional (sinónimos, termos relacionados, etc.). Case todas as cabeceiras de nivel 4 teñen unha versión sen guións ({{-ant-}} / {{ant}}, {{-var-}} / {{var}}, etc.). Estes modelos sen guións son os preferentes, e serven para incluír información entre as acepcións. A opción con guións reservase para cando a información engloba todas as acepcións. Para facer referencia ás acepcións pódense usar cadros despregables (cun resumo da definición na cabeceira) ou números de acepción (opción menos recomendable, xa que o números de acepción poden variar).
Con respecto ás ligazóns internas, evitamos usar [[ ]] ou {{Mai}} na medida do posible. No seu lugar usamos os modelos de lingua (con inicial minúscula e maiúscula, respectivamente). A diferenza é que estes ligan directamente con cabeceiras de lingua.
Sobre o que me comentabas de lagarto xa modifiquei tanto lagarto coma Lagarto.
Sobre o de croca, de acordo con darlle prioridade a outras acepcións. O resto da información xa está en castaña.
Para recoller locucións nunha entrada estamos usando a sección/apartado Termos relacionados, aínda que podes atopar outras solucións polo Galizionario.
Non sei se me queda algo. Entendo que se complicou algo a edición desde as túas colaboracións anteriores, pero fíxose preciso para gañar en funcionalidade. Aínda así, se aparecen ideas para simplificar a edición, non as cales. Xa sabes, para calquera cousa, por aquí andamos. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 19:37, 2 de maio de 2012 (UTC)

avinza[editar]

Cámbiao, non te cortes. Esa e outras entradas que fixen por aquel entón están baseadas nun dicionario castelán-galego de Xerais, cuxos autores non parecían facer distinción entre “sinónimo” e “termo relacionado” (o que non quita que o dicionario, que non teño agora a man, resultaba moi útil), e eu non me tomaba o tempo de comparar as definicións do DRAG coas do DRAE nin sequera cos termos que eu non coñecía. Un saúdo. — GallaecioE logo? 06:23, 9 de maio de 2012 (UTC)

Axuda[editar]

Boas Lameiro.

Confésoche que creo que nunca lin libro de estilo ningún, así que a mal sitio vés preguntar... Bótalle un ollo de como están feitas outras entradas, como fixen eu.

  • Con respecto á categoría de ictioloxía, pois faremos como a de ornitoloxía.
  • No da etimoloxía, pois podes crear a propia entrada en latín, ou explicalo ben na propia sección etimolóxica.
  • E o das traducións, pois tampouco o teño eu moi claro, mais se é unha palabra cunha única definición podemos facer unha lista, como en clementina, e se ten varias definicións, pois a min me gusta facer cadriños, como en abkhazo. E bueno, nas traducións empréganse códigos de lingua que están en modelo:nomelingua, por se tiveras que engadir ou mudar algún.

Sinto non serche de moita axuda, pero éche o que hai, se fedellas e observas verás como vai a cousa, e creo que se entende. Saúdos.--Calq (conversa) 20 de marzo de 2015 ás 00:24 (UTC)

Por certo, hai un bot que ordena as listas de traducións, aínda que eu non teño nin idea de como vai.--Calq (conversa) 20 de marzo de 2015 ás 00:32 (UTC)

E o que son as pronuncias, eu sácoas de aquí: http://ilg.usc.es/pronuncia/ --Calq (conversa) 20 de marzo de 2015 ás 00:35 (UTC)

Redireccións[editar]

Boas compañeiro. O problema é que xuncir, etc, non están incluídas no VOLGa. Non estou en contra de recoller formas non normativas, pero o certo é que de momento non estamos ben preparados para acomodar este tipo de palabras. A solución quizá sexa incluír nesas entradas un cadro de advertencia, e non desenvolver demasiado as definicións (remitir a sinónimos, como se fosen palabras doutras linguas). A solución que viñamos tomando ultimamente era substituír estes artigos por redireccións. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 29 de marzo de 2015 ás 00:34 (UTC)

Capacidade e incapacidade[editar]

Moitas grazas, Pedro, por todas as correccións, amaños e demais virguerías que fixeches no artigo capacidade, que estaba por facer. Demostraches unha gran capacidade, ademias de prontitude e ganas de colaborar, mentres que eu, pobre de min, que hai anos que non pisaba este dicionario, demostrei, abondo, a miña incapacidade. Un cordial saúdo, e unha aperta, Luís. --XoioÉche o que hai 2 de abril de 2015 ás 21:30 (UTC)

meco[editar]

Boa tarde. Como ves non ando moito por aquí. Intento entrar polo menos unha vez ó mes, pero igual a miña réplica chega tarde. Modifiquei a entrada "meco"; penso que un dos mellores xeitos de aprender é analizar as correccións, polo que te animo a botarlle unha ollada ás diferencias. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 11 de febreiro de 2020 ás 19:30 (UTC)