xugo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Galego
Etimoloxía: do latín iugum con consonantización de iode
Pronuncia: /ˈʃuɣo̝/ (AFI)
Substantivo masculino
xugo ----
singular | plural |
xugo | xugos |
- (Carro) Peza de madeira que se lle coloca aos animais de tiro para enganchalos ao carro ou ao arado.
- Sinónimos: canga.
- Exemplo: O risco de Salomón tallábase nos xugos dos bois como protector da xugada.
- (Agricultura) Traveseiro do emparrado das vides no que se suxeitan os arames, paus ou canas ós que se atan as cepas.
- Cepo da campá.
- Exemplo: "Enxugar as campás" é poñer o cepo ou "xugo" dunha campá eixado nos zocos da espadana ou campanario.
- Vínculo matrimonial.
- Exemplo: A nai confiaba que o xugo do matrimonio e a canga das obrigas termara deles.
- Estola que se poñía ós noivos sobre os ombreiros durante a cerimonia da voda.
- (Figurado) Situación de sometemento ante unha persoa ou institución, por razon da autoridade ou forza desta.
- Exemplo: O noso pobo endexamais puido sacudir o xugo con que el mesmo axudou a someter á súa patria. (Castelao: Sempre en Galiza)
Termos relacionados
Traducións
Véxase tamén
- Apéndice: Partes do carro
- Vexa o artigo «carro» na Galipedia.
Substantivo masculino
singular | plural |
xugo | xugos |