metamorfose
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín metamorphōsis (transformación), e este do grego antigo μεταμόρφοσις, derivado do grego antigo μεταμορφόω (transformar).
- Pronuncia: /metamoɾˈfɔse̝/ (AFI)
metamorfose (sg: metamorfose; pl: metamorfoses)
- Cambio de forma, de naturaleza ou de estrutura tan importante que o ser ou a cousa en cuestión non é recoñecible.
- Exemplo: Na mitoloxía grega son famosas as metamorfoses de Xúpiter. O soño dos alquimistas era lograr a metamorfose dos metais en ouro.
- Exemplo: Na mitoloxía grega son famosas as metamorfoses de Xúpiter. O soño dos alquimistas era lograr a metamorfose dos metais en ouro.
- (Zooloxía) Conxunto das modificacións morfolóxicas e estruturais que sofren certos organismos (como os anfibios ou os insectos) durante o seu desenvolvemento postembrionario.
- Exemplo: Na súa metamorfose, as bolboretas pasan polo estado de larva (eiruga), e despois polo de ninfa ou pupa, até converterse en imago ou insecto perfecto.
- Exemplo: Na súa metamorfose, as bolboretas pasan polo estado de larva (eiruga), e despois polo de ninfa ou pupa, até converterse en imago ou insecto perfecto.
- (Figurado) Por analoxía, cambio importante na aparencia ou no comportamento dunha persoa que a fai practicamente irrecoñecible.
- Exemplo: A maquilladora de Mar adentro fixo con Javier Bardem unha auténtica metamorfose, converténdoo en Ramón Sampedro. Despois do seu paso polo quirófano, a metamorfose da Carme foi espectacular.

Termos relacionados
Traducións
- Alemán: Metamorphose (de)
- Castelán: metamorfosis (es)
- Catalán: metamorfosi (ca)
- Francés: métamorphose (fr)
- Inglés: metamorphosis (en)
- Italiano: metamorfosi (it)
- Portugués: metamorfose (pt)
Portugués
metamorfose (sg: metamorfose; pl: metamorfoses)