castaña

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «castaña».

Open book 01.png Substantivo feminino

castaña (sg: castaña; pl: castañas)

  1. (Botánica e alimentación) Froito do castiñeiro con casca de cor marrón, de bo sabor e moi nutritiva.

Expresións

  • Dar a castaña: enganar.
  • Sacar as castañas do lume a alguén: Axudar nun apuro.

Nomes de castañas

  • Castaña de San Martiño: castaña serodia.
  • Croca: castaña que non medrou totalmente.
  • Degara, degaro, degoro, destelo, degraña, restelo, restrelo, baguto: castaña madura que cae espontáneamente do ourizo.
  • Maia, maiola, croca: castaña pelada e curada ao fume para conservala.
  • Bolerca, boleca, beleca, bullerca, maniña: castaña sen froito.
  • Bullote, bulló: castaña asada. Castaña aínda non madura.
  • Bulló: ourizo cunha soa castaña.
  • Burgazo, burgó: castañas cocidas con leite.


Traducións

Véxase tamén