Conversa usuario:Xoio
Nova secciónBenvida
[editar]Ola, Xoio, benvido á Galipedia. Por se non as viches, deixeiche algunhas recomendacións na páxina de conversa da IP coa que supostamente editaches antonte. Permíteme que che faga algunha máis. É obrigado recordar que, como na Wikipedia, non se poden publicar traballos orixinais; todo debe ser referenciable, e tratado desde un punto de vista neutral. Tampouco non se poden publicar traballos con dereitos de autor (como copiar definicións de dicionarios comerciais etc). A nosa ferramenta de traballo é o galego oficial (NOMIG 2003 e VOLGa). Todas estas cousas e máis pódelas atopar nas páxinas de axuda do Galizionario.
Unha técnica sinxela para comezar a colaborar é seguir o modelo de artigos xa creados (bodega, semana, tella, venres,... son bos exemplos). Pensa que cantos menos erros cometas, máis traballo lles aforras ós compañeiros que revisan as túas edicións.
Se precisas axuda podes acudir á Taberna. Tamén andamos frecuentemente por aquí Gallaecio e mais eu.
Máis nada. Grazas por colaborares connosco. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 16:08, 16 de outubro de 2010 (UTC)
- Por se non o viches, xa contestei á mensaxe que deixaches na Taberna. Se te queres dirixir exclusivamente a min é mellor que o fagas na miña páxina de conversa. Tamén é aconsellable que mires con frecuencia os Cambios recentes, máxime se fixeches algún comentario nalgunha páxina de conversa que non sexa a dun usuario.
- Esqueceume dicirche nas anteriores mensaxes o moito que agradecemos no Galizionario a aparición de novos usuarios, polo que moitas grazas pola túa colaboración. Saúdos. [ Furagaitas * ] 18:28, 16 de outubro de 2010 (UTC)
- Moitas grazas pola benvida. --Xoio
«Amosar vista previa»
[editar]En vez de faceres pequenas edicións, sería mellor que a medida que escribes, para ver como vai quedando o artigo, utilices o botón «Amosar vista previa» en vez de «Gardar a páxina». Un saúdo, e grazas por colaborar! ─ GallaecioE logo? 15:56, 17 de outubro de 2010 (UTC)
Modelos
[editar]Boas Xoio. Felicidades polas interesantes entradas que estás a crear. Creei os modelos {{-prefixo-}} e {{-sufixo-}} para que os poidas usar nos artigos que fagas. Permíteme un apuntamento: o modelo de lingua {{-glref-}} emprégase unicamente cando na Galipedia exista un artigo co mesmo nome de artigo que o que leva dito modelo; nos restantes casos úsase {{-gl-}}. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:36, 18 de outubro de 2010 (UTC)
Elvire
[editar]Elvire non adoita andar por aquí, se queres que lle chegue a mensaxe o mellor será que contactes con ela pola Galipedia, onde creo lembrar é unha editora asidua. Por outra parte, ante enfermidade, podes cambiar a definición se tes fontes que apoian o cambio (e se ninguén se opón aos cambios non faría falla ligar a ditas fontes, creo). Pero non borres o artigo, mellor ter un non de todo exacto ou incompleto que non ter nada.
Dúbidas
[editar]Ola Xoio, perdoa que non atendese antes a mensaxe que deixaches na Taberna. Como xa che dixen, se te queres dirixir exclusivamente a min é mellor que o fagas na miña páxina de usuario. Tentarei explicarche algunhas desas dúbidas:
- Para asinar un comentario (asínanse os comentarios na Taberna, nas páxinas de discusión dos artigos e nas páxinas de conversa de usuario) unicamente cómpre premer a icona do lapis azul () que hai na parte superior das caixas de edición (é a sexta icona comezando pola esquerda). Ó premer aí escribirá na caixa de edición "--~~~~", caracteres que, despois de gardada a páxina, serán substituídos polo teu nome de usuario e a hora e data da edición. Para máis información mira isto.
- Co artigo enfermidade non sei que che puido pasar. Non creo que fose por tamaño. Se cres que precisa modificación es libre de facelo, Elvire fíxoo o mellor que soubo, coma todos. Se segues tendo problemas para editar o artigo estudaremos o caso. Proba a editar outros artigos, igual estás facendo algo mal. Non te desanimes.
- Recorda non poñer as etimoloxías fóra do modelo {{-etim-}} (ou {{etim}}), senón dentro, separado pola barra "|". É dicir:
{{etim|Aquí, dentro do modelo, é onde debe ir a etimoloxía}}
{{etim}} Aquí, fóra do modelo, non debe ir
- Para pór exemplos dentro das definicións usa o modelo {{exemplo}} deste xeito:
#:{{exemplo|Este sería o exemplo, non fai falla pórlle as cursivas.}}
- Cando dúas palabras teñan a mesma forma gráfica pero diferentes etimoloxías, non crees artigos co nome palabra 1 e palabra 2. Crea un só artigo e mete nel as dúas, encabezada cada unha delas por {{lema}}.
- Con respecto á pregunta que lle fixeches a Prevert: seguramente a páxina estivese baleira ou quizá era froito dun acto vandálico.
Espero aclararche con isto algunha das dúbidas. Se non é así volve a preguntar. Aconsélloche, se non o fas xa, que mires nos cambios recentes, que cousas modifico nos artigos que creas; así saberás en que debes mellorar. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:57, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Cousas
[editar]Ola Xoio. Estás a facer un bo traballo, gústanme as entradas que estás a crear, coas que o Galizionario está a gañar en calidade (logo tamén en utilidade). Pero debes facer fincapé no formato, xa que estou a dedicar moito tempo a formatalas. Douche novos consellos e lémbroche outros:
- Para categorizar entradas polo seu campo semántico emprega o modelo {{sem}}. A sintaxe é: {{sem|Xxxxx|gl}} , onde Xxxxx é o campo semántico (por exemplo, Inmunoloxía, Medicina etc) e gl é o código do galego, para que o artigo quede categorizado polo campo semántico dunha lingua en concreto. Non lle poñas comillas ('') para que apareza en cursiva (xa vai incorporado no modelo), pero si que o debes poñer entre parénteses.
- Recorda pór a etimoloxía dentro do modelo {{etim|}} tal como che dixen en anteriores mensaxes, entre a barra "|" e as chaves "}}".
- Lembra tamén usar o modelo {{exemplo}} cando queiras poñer exemplos entre as definicións. A sintaxe é a seguinte:
#:{{exemplo|Aquí, entre a barra e as chaves vai o exemplo}}
Outra cousa: hai que fusionar os artigos xeno- 1 e xeno- 2. Falo ti?. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 19:31, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- Moitas grazas por apreciares o meu modesto traballo no campo das novas entradas. Ás veces utilizo material do meu inacabado Dicionario das CC da natureza e da saúde, pero noutros casos (como no que estou agora, reacción) teño que partir de cero.
- A fusión de xeno- 1 e xeno- 2 pensaba facela esta tarde, pero estou a tardar moito con reacción e vouno deixar para maná.
- Tratarei de seguir escrupulosamente as túas indicacións para os modelos, pero teño que confesar que me custa moito que me saian ben. Esforzareime para que non teñas que traballar tanto pola miña culpa.
- O asunto de enfermidade penso que quedou arranxado satisfactoriamente. Os inpectores diredes.
- A través das definicións ou exemplos que introduzo, vexo que hai numerosísimas palabras que aparecen en vermello. Pouco a pouco tratarei de que vaian mudando para azul.
- Moitas grazas por todo. --Xoio 20:09, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- Grazas a ti. Intentarei en canto poida facer un esquema para que só teñas que encher os campos baleiros, a ver se así che é máis sinxelo. E cando queiras falar comigo recorda deixar as mensaxe na miña páxina de conversa. Se as deixas na túa (como a anterior) a min non me chega o aviso e non é seguro que me dea conta de que me escribiches. Fíxate en que ó final da miña sinatura hai un asterisco: é unha ligazón á miña páxina de conversa. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 20:23, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Chuleta
[editar]Aquí tes un esquema básico para redactar artigos. Espero que che valla. O texto en vermello é o que debe ser substituído.
Observa que hai dous xeitos de recoller os exemplos e os sinónimos: un dentro das definicións (con {{exemplo}}) e outro globalmente (con {{-exemplo-}} e {{-sin-}}). Para homógrafos usariamos {{lema}} para cada etimoloxía diferente, cunha soa cabeceira de lingua. Recorda que gl é sempre o código de lingua do galego.
{{-gl-}}
{{etim|do {{orixe|código da lingua de orixe|gl}} ''[[étimo]]'' («[[tradución]]»).}}
{{pronuncia|/Pronuncia se a tes/}}
{{son}}
{{-adx-|gl}}
'''{{PAGENAME}}''' {{varn|raíz|o|os|a|as}}
# Definición.
{{-exemplo-}}
* ''Exemplo de uso da <u>palabra</u>.''
{{-sin-}}
* [[sinónimo]]
{{-substm-|gl}}
'''{{PAGENAME}}''' {{varn|raíz||s}}
# Primeira definición.
#:{{exemplo|Exemplo de uso da <u>definición</u>.
#:'''Sinónimos:''' [[sinónimo]].
# ({{sem|Campo semántico|gl}}) Segunda definición.
#:{{exemplo|Exemplo de uso da <u>definición</u>.
Copia esta mensaxe na túa páxina de usuario ou onde a teñas á man se cres que che pode facilitar as cousas. [ Furagaitas * ] 23:29, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- O certo é que a chuleta que puxeches na túa páxina de usuario é un pouco caótica. ¿Queres que cha poña como cha puxen aquí arriba na páxina de conversa?
- E outra cousa: cando te enganes e poñas mal o nome do artigo, arriba á dereita, entre a estreliña e a caixa de busca hai unha opción oculta "Mover". Serve para renomear os artigos (para movelos para outro nome con todo o seu historial).
- [ Furagaitas * ] 01:48, 25 de outubro de 2010 (UTC)
Se o artigo é dunhas siglas, terá que ir en ANA, non en ana. O que habería que borrar é «http://gl.wiktionary.org/wiki/'''ANA'''», pois esas tiles non pintan nada aí. Sabes poñer o modelo {{lixo}} nun artigo? ─ GallaecioE logo? 14:53, 23 de outubro de 2010 (UTC)
- Estamos para axudar, e se algo me di a experiencia é que no fondo todos somos novatos. O meu consello: ten presente os últimos cambios, non só para ver como outros fan ou modifican artigos, senón para ver como Furagaitas arranxa os que fas ti mesmo. Eu todo o que vou aprendendo da sintaxe é copiándollo a el e especialmente vendo como corrixe ou completa as miñas edicións. Nada como aprender os uns dos outros.
- Respecto do de crear ANA cando xa existe ana (e por tanto buscando «ANA» acabas en «ana») existen diversos métodos.
- Un consiste en darlle a editar unha páxina calquera ─sen gardala en ningún momento─ e engadirlle nalgures o código «[[ANA]]», de xeito que ao darlle a «Amosar vista previa» da páxina apareza o texto «ANA» en vermello, e ao premer nel che leve á páxina de edición de «ANA».
- Unha segunda forma sería introducir na caixa de busca «ANA», pero en vez de darlle ao botón «Intro», premer co cursor (o rato) no último elemento da lista que apareza baixo a caixa de busca, que dirá algo así como «Que conteña... ANA». Iso levarate a aquí, onde poderás premer no texto vermello que di «ANA» para iniciar a creación da páxina.
- Eu persoalmente utilizaría unha terceira, e sería modificar o URL que aparece no navegador web. É dicir, cando estás en ana, na parte superior do navegador web verás o texto «http://gl.wiktionary.org/wiki/ana». Se o cambias para que poña «http://gl.wiktionary.org/wiki/ANA», xa aparecerás aquí e só terás que premer no botón «Crear», ao carón da caixa de busca.
- Creo que existen máis formas, pero calquera desas debería valerche. Escolle a que máis vaia contigo :)
- Respecto do modelo {{lixo}}, emprégase para cando queiras que unha páxina a borren. Para iso, editas a páxina que queres que se borre, e na parte superior engades o código «{{lixo|<motivo>}}», e substitúes <motivo> por un texto que explique os motivos polos que queres que se borre a páxina. Por exemplo, se te equivocaches de título, podes poñer «{{lixo|me equivoquei de páxina}}». Proba a facelo no artigo que creaches, o «ANA» coas comas.
- Calquera outra dúbida que teñas, pregunta, que para iso estamos! :) ─ GallaecioE logo? 15:51, 23 de outubro de 2010 (UTC)
Boas Xoio. A cerca de dous artigos que ves de editar:
- ¿Tes referencias para crabo?
- Vin que en dixital listaches un lote de sinónimos. Non deberías listar as formas non normativas, aínda que logo crees os artigos.
Un saúdo. [ Furagaitas * ] 18:33, 28 de outubro de 2010 (UTC)
- Ola Furagaitas.
- 1.cravo só o teño documentado, como sinónimo de abellón, no dic. de don Eladio Rodríguez (e, loxicamente, no de Franco Grande), pero non ten entrada. Quzais o mellor sería eliminar esa páxina, non cres? (por que non creo que se trate, nesa época, dun cultismo).
- 2. Se te entendín ben, debo eliminar todos os sinónimos non normativos, pero despois, podo crear os artigos correspondentes a eses termos non normativos? Creo que non entendín ben.´
- Un saúdo.
Recorda deixar as mensaxes na miña páxina de usuario, non na túa.
- Sobre crabo: ó non ter entrada no DDD non o daba atopado. A miña impresión é que debe tratarse dun cultismo do que botou man Eladio Rodríguez. Pero efectivamente, podémolo referenciar. O problema é que non é unha palabra aceptada pola normativa, pero diso fáloche no seguinte punto.
- Sobre dixital: na sección Sinónimos só deberían ir as palabras aceptadas pola normativa. Temos as cabeceiras {{-var-}} (Variantes) e {{-formasi-}} (Formas incorrectas), que quizá sexan máis axeitadas para recoller as ligazóns a aquelas formas que non recolle a normativa. Os artigos destas palabras non normativas só poden ser redireccións ou artigos que remitan cunha ligazón a formas normativas (sen apartado Sinónimos nin Traducións).
Espero que entendas a que me refiro; se non é así pregunta sen medo ;) [ Furagaitas * ] 19:20, 28 de outubro de 2010 (UTC)
Non tes porque darme as grazas. Aquí estamos todos para axudarnos os uns ós outros. Se non vemos isto como un traballo en equipo mal nos irá. Ti se ves que nalgún momento me paso corrixindo dáme un toque. Que neste momento sexa o máis veterano do Galizionario non quere dicir que os outros non traiades boas ideas. E iso de que te imos botar do Galizionario que nin se che pase pola cabeza. Non sabes canto estimo a túa colaboración. Usuarios tan activos como ti ou Gallaecio fixestes que volvese a crer no Galizionario. De todas formas, non podemos ir contra corrente. Debemos respectar o traballo dos demais, dos pasados e dos presentes, e non tomar decisións unilaterais, xa que iso non é traballar en equipo.
En canto ó de recoller opinións persoais nas entradas: o Galizionario (e a Galipedia), como sabes, non son fonte primaria, e polo tanto non podemos dar a nosa opinión sobre a Normativa. Normativa que, por outro lado, tomamos como modelo a seguir, tanto aquí como na Galipedia (na que pola miña culpa -si, culpa- xa se borraron nomes non normativos das listaxes de sinónimos dos artigos). Polo tanto, reflexións como as que fixeches na páxina abadexo encaixarían mellor na páxina de conversa do artigo ou, se queres comezar un debate, na Taberna.
Cando comecei aquí, cheguei atraído polo potencial do Galizionario para expresar a miña atracción polas rarezas do galego (como reza na miña páxina de usuario, a miña modesta colaboración no Galizionario responde á miña afección por aprofundar no coñecemento do galego). Porén, batín coa opinión en contra dos usuarios que por aquí andaban a traballar duramente, que non tiñan as mesmas vinculacións ca min. Hoxe penso que a miña opinión se achega bastante á de aqueles, e, aínda que me sigo sentindo atraído por aquel potencial (e penso que debe ser explotado), sei que o proxecto ten as súas limitacións, tanto nos piares sobre os que se sustenta, como na diversidade de opinións dos usuarios que o fixeron, fan e farán posible.
Espero que esta mensaxe non te desanime senón todo o contrario, e que sigas facéndoo tan ben como sabes e podes. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 14:23, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Notas
[editar]Estiven vendo como engadiches unhas notas interesantes sobre a abeleira no seu artigo. Quería dicirche que os dicionarios teñen xeralmente o contido mínimo sobre os termos que permita ao lector entender o seu significado, polo que o máis probable é que ditas notas teñan máis sentido no artigo da Galipedia, ao que os usuarios do Galicionario poden acceder dende todos os artigos que teñan {{-glref-}} en vez de {{-gl-}}, como xa é o caso de abeleira. ─ GallaecioE logo? 17:25, 1 de novembro de 2010 (UTC)
- Que se podes?! DEBES!!! ;) Galipedia e Galicionario son ambos os dous proxectos fillos da Wikimedia Foundation, e os ficheiros de son, imaxe e vídeo dispoñibles na Wikimedia Commons poden usarse en calquera dos proxectos. É dicir, problema legal non hai ningún. Respecto ao problema coa política do wiki: unha imaxe vale máis que mil palabras. Se unes iso ao feito de que o contido ten que ser o mínimo para que o usuario entenda o concepto, nada como unha imaxe para reforzar unha definición. Así que meter unha imaxe por palabra (ou palabra e lingua) está moi ben. ─ GallaecioE logo? 17:48, 1 de novembro de 2010 (UTC)
embarrancamento
[editar]Movín “abarrancar” a «embarrancar» porque a primeira non está contemplada no VOLGa. Non digo que embarrancar non teña máis significados, podemos marcar a entrada como incompleta ou podes completala xa se queres, o meu obxectivo era ligar “abarrancar” á súa forma normativa. ─ GallaecioE logo? 05:49, 3 de novembro de 2010 (UTC)
- Estes son barrancos. E a chuvia e outros axentes prodúcenos; é dicir, embarrancan o terreo.
Compara, en portugués as diferenzas de abarrabancar (en xeoloxía) criar barrancos, con embarrancar (intr. e prnl.) encalhar em barranco. E encalhar, (tr.) facer dar em seco (o navio), e (intr.) dar en seco. --Xoio 01:42, 4 de novembro de 2010 (UTC)
- Ben, xa redirixín os temos a barranco en vez de a embarrancar. Grazas por avisar. ─ GallaecioE logo? 10:04, 4 de novembro de 2010 (UTC)
adución
[editar]Ola. Adución permanece no Galizionario porque vén recollida na edición en liña do VOLG. [ Furagaitas * ] 11:49, 3 de novembro de 2010 (UTC)
- Ola. Pois será un erro que xa corrixiron. Mirei hoxe e no aparece, pero si abdución. Na versión impresa vén abdución e mais abdutor / abdutora. Un saúdo. --Xoio 00:47, 4 de novembro de 2010 (UTC)
- Por outra parte so adutor non vén no VOLGa en liña agora (nin na versión impresa) debería vir nunha nova edición destes. Porque as dúas palabras existen, pero non son o mesmo. En castelán non é o mesmo abductor que adutor, como en galego tampouco o son abdutor que adutor. Son, xusto, termos contrarios.
- abdutor deriva do latin abductor, separador, mentres que adutor vén do latín adductor, o que leva ou conduce. En anatomía e fisioloxía úsanse para expresar separación e aproximación, respectivamente. É dicir, o contrario. --Xoio 01:11, 4 de novembro de 2010 (UTC)
- Nestes momentos, «adución» aparece na edición en liña do VOLGa. ─ GallaecioE logo? 09:55, 4 de novembro de 2010 (UTC)
- Pois eu, onte, non a vin. De todos os xeitos vou tentar de aclarar hoxe os dous conceptos, opostos, de abdución e adución. --Xoio 14:49, 4 de novembro de 2010 (UTC)
- Adutor tamén vén na versión en liña. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:33, 4 de novembro de 2010 (UTC)
- E que, como xa dixen, as dúas palabras existen, abdución ( abdutor, e abducir) e adución (e adutor, e aducir), e son, precisamente, contrarias ou, se se quixer, case antónimos. Acabo de editar agora o artigo adución, no que se poden ver perfactamente as diferenzas con abdución. O que non sei é se o fixen ben, Furagaitas, porque parece que ti creaches a páxina antes, e non sei como hai que facer nestes casos. Explícoo na discusión. --Xoio 15:42, 4 de novembro de 2010 (UTC)
Unhas cousas
[editar]Boas Xoio. Vin que marcaches para borrar ABA. ¿Esta palabra só se usa en minúsculas? Creo tela visto en maiúsculas en algún texto en inglés.
Outra cousa: cabeceiras como {{-locsm-}} (Locución substantiva masculina) é preferible reservala para os artigos das locucións. Para recoller as listas de locucións dentro dos artigos das palabras que as compoñen, mellor usa {{-relac-}} (Termos relacionados). [ Furagaitas * ] 07:01, 5 de novembro de 2010 (UTC)
- Ola Fura [gaitas]. Penso que nos idiomas románicos aba (símbolo de abscisic acid ou ácido abscísico) úsase só en minúsculas, aínda que non cho podo asegurar. Os anglosaxóns son moi afeizoados ás maiúsculas, aínda que o que representan se escriba con minúsculas. Por exemplo, no artigo abelmosco, que fixen onte, dixen que os WASP denominan aos froitos, inmaturos e verdes, do Hibiscus edulis, ao que eu bauticei como abelmosco comestíbel (a planta non ten nome en galego, nin en castelán, que eu saiba), como lady's fingers, na Wikipedia en inglés vén Lady's Fingers.
- Canto ao modelo das locucións tomo nota e, aínda que non me gusta moito iso de relacionados (pero as normas son as normas), pouco a pouco irei corrixido os que fun metendo (para que ti non estragues o teu tempo editándome).
- Cando andaba editando artigo aberración, e as súas locucións ou termos relacionados, vin que aberración cromática aparecía xa como entrada no Galizionario, o que me parece ben, porque é un termo con varias voces, é dicir, unha locución, así que, de forma provisoria, e á espera de saber a vosa opinión, vou mover as locucións ou termos relacionados, e outros que aínda faltaban por introducir, a entradas independentes, deixando na páxina principal unicamente como termos relacionados a listaxe destes. A min, paréceme unha boa solución, sobre todo porque, cando se procurase aberración aparecerían debaixo todos estes termos de dúas (o maís) voces. E o mesmo faría con outros artigos que presentan o mesmo problema. Espero que, cando podas, me deas a túa opinión. --Xoio 14:58, 6 de novembro de 2010 (UTC)
Conversas
[editar]O das conversas nos proxectos Wikimedia sempre foi bastante un pouco “un cristo”. O método que se segue é comentar as cousas a un usuario na páxina de conversa, que ese usuario te responda na túa, e que ti lle respondas de novo na súa. A conversa queda así repartida entre as páxinas de conversa de cada usuario, pero é o que hai. Sempre podes usar a Wiktionary:Taberna se é un asunto xeral, ou mesmo a rolda de correo que se liga dende a Taberna. ─ GallaecioE logo? 15:39, 6 de novembro de 2010 (UTC)
- Xa me estou dando de conta que, non só iso, senón case todo o da Wikimedia, para min, que, a pesar da miña loxeva idade, son un novato nisto, pero, como me dixo un día o Antón Santamarina, cando lle falaba das dificultades e dúbidas que tiña na redacción do meu inconcluso dicionario, que non me preocupara porque, como din na súa terra "a capar apréndese cortando collois".
- Canto a Taberna, que xa estou desexando estreala (e a ver se dan bo viño), estou matinando en propor un debate sobre as vacilacións e, sobre todo, contradicións internas coas propias normas, que aparecen no VOLGa e mais do dicionario da RAG, especialmete centrada na adaptación de cultismos gracolatinos nas voces científicas. --Xoio 15:53, 6 de novembro de 2010 (UTC)
- Non sei eu se a Taberna (ou calquera outra páxina do proxecto) é o lugar máis indicado. O Galicionario nunca pode ser fonte primaria de información, ese é un dos principios de todo proxecto Wikimedia. Así que procura basear a discusión sempre tendo isto en conta. Temos que basearnos en criterios alleos ao Galicionario por collóns, así que en todo caso poderemos decidir o criterio de quen tomamos como “bo”, pero non elaborar unhas normas propias en ningún caso. O tema da para largo de todos xeitos, e case recomendaría o uso da rolda de correo porque para discusións longas resulta moito máis efectivo. ─ GallaecioE logo? 16:16, 7 de novembro de 2010 (UTC)
Superíndices
[editar]Ola Xoio. Non é recomendable referenciar os números de acepción de entradas distintas ás que se está a editar, xa que son algo moi cambiante que pode levar a equívocos. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 20:05, 6 de novembro de 2010 (UTC)
Imaxes
[editar]Boas, quería comentarte a respecto deste cambio que fixeches. Só dicirche que non se poden poñer así as imaxes. No proxecto só podemos utilizar imaxes que estean cargadas no Galicionario ou na Wikimedia Commons ─preferiblemente neste último─, e ditas imaxes teñen que ser libres. Se non atopas unha imaxe que che valga na Wikimedia Commons, probablemente terás que deixar o artigo sen imaxe. Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 22:45, 7 de novembro de 2010 (UTC)
En resposta ao que preguntas:
- Nos dicionarios en liña non hai as limitacións de espazo que poida ter un volume físico. Dende o punto de vista do espazo en bytes do texto adicional que resulta necesario, ao mellor un par de vídeos xa xeran un tamaño igual ao xerado polo uso de definicións en vez de referencias a sinónimos. O texto en binario non vale nada. Así que non, non creo que sexa un desperdicio de espazo, e en todo caso, xa se discutirá se nalgún momento nos poñen un límite. Pero iso non vai ocorrer (os discos duros teñen cada vez unha capacidade maior e un prezo menor). Así que, descartado o problema do tamaño, incluíndo as definicións podemos evitarlle ao usuario un “click” de máis, e ao mesmo tempo non dar preferencia a unha palabra sobre outras, pois a palabra coa definición estaría como dis nunha posición de “oficialidade”, deixando ás demais case como «raras alternativas». Deste xeito todas as palabras están ao mesmo nivel. En todo caso, se che segue a preocupar o espazo poderíanse crear modelos para as definicións e repetilos, pero sería un coñazo e para isto abonda con copiar, pegar, e facer cambios mínimos.
- Non, o único que hai é unha sinxela comprobación de que «abeloura» non aparece no VOLGa mentres que «abeluria» si. O que fixen foi ligar directamente «abeloura» a «abeluria». De ser «abeloura» unha palabra aceptada na normativa vixente, xamais utilizaría unha religazón, senón un artigo de seu coa mesma definición que en «abeluria» (como che comento no primeiro punto).
Un saúdo, e desculpa o atraso na resposta. ─ GallaecioE logo? 14:26, 9 de novembro de 2010 (UTC)
- Moitas grazas polas túas explicacións, e tomo nota no que proceda. --Xoio 14:48, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Entradas
[editar]Ola Xoio. Bótalle unha ollada a isto; pode interesarche. [ Furagaitas * ] 22:19, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Nomes propios
[editar]Boas Xoio. Nas túas últimas contribucións vin un uso incorrecto do modelo {{Gl|xxxxx}}. Este modelo crea ligazóns a páxinas cuxo título comeza por minúscula (aínda que ó usalo se visualice unha maiúscula). Polo tanto, para facer ligazóns a nomes propios non se debe usar senón {{gl|Xxxxx}}. É dicir:
{{gl|México}} (así si) {{Gl|méxico}} (así non)
Por outro lado, cando fagas ligazóns a palabras do latín (por exemplo nas etimoloxías) non as fagas do nominativo e xenitivo. Aínda que se visualicen as dúas formas, só o nominativo debe existir como entrada. Igualmente, nas traducións, repite tantas veces {{t^}} como traducións recollas, e non todas dentro dun mesmo {{t^}}.
{{la|abies|abies, abietis}} (así si) {{la|abies, abietis}} (así non)
{{t^|pt|menino}}, {{t^|pt|criança}} (así si) {{t^|pt|menino, criança}} (así non)
Un saúdo. [ Furagaitas * ] 18:57, 24 de novembro de 2010 (UTC)
- Moitas grazas, Furagaitas. Eu non sabía destes "pormenores". Simplemente intentaba copiar o que vía nos artigos doutros.
- Canto ao do xenitivo latino nalgunhas etimoloxías incluíno porque, para a formación de termos compostos, en latín (tamén no científico) a raíz do 1º compoñente vai sempre en xenitivo, e facíao para explicar o por qué os derivados de abies teñan t (de abiet- -is). Pero se xa vai incluído na sintaxe wiki non hai problema: os inerersados poden velo en editar.
- Non sei se entendiches o que querías dicir: {{la|abies|abies, abietis}} liga co artigo abies (sección de lingua do latín), pero visualiza abies, abietis. [ Furagaitas * ] 19:45, 24 de novembro de 2010 (UTC)
Método abreviado
[editar]Boas Xoio. Vexo que borraches o método abreviado que tiñas na túa páxina de usuario. ¿Pensas que podes necesitar outro mellor? Xa sabes que se precisas axuda en algo andamos por aquí. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:35, 27 de novembro de 2010 (UTC)
Ola Xoio. O artigo ´-filo, ´-fila ten un nome incorrecto. Débese crear sobre a forma en masculino (´-filo, preferiblemente) ou sobre a forma en feminino (´-fila). [ Furagaitas * ] 02:22, 29 de novembro de 2010 (UTC)
- Boas. Movín ´-filo, ´-fila a ´-filo. Se tes especial interese, podemos crear a entrada en feminino co mesmo ou distinto significado. [ Furagaitas * ] 23:19, 29 de novembro de 2010 (UTC)
- Para facelo contei coa axuda dun steward. O artigo ´-filo, ´-fila non paga a pena conservalo nin como redirección. ´-fila xa redirixe a ´-filo. As restantes redireccións seguramente sexan arranxadas por un bot en pouco tempo. [ Furagaitas * ] 02:00, 30 de novembro de 2010 (UTC)
Artigos incompletos
[editar]Por favor, que non che esqueza completar os artigos elemento accesorio, elemento químico e elemento tafonómico.
O artigo clasificación dos minerais á parte de estar incompleto parece máis propio da Galipedia que dun dicionario: non se define unha expresión, senón varias, e ningunha delas se corresponde co nome do artigo.
Tamén vin que volviches usar mal os modelos {{Gl}} e {{gl}} con palabras que comezan por maiúscula. Se non entendes como se usan pregunta, e se o entendes, procura ter máis coidado.
Penso que copias o formato duns artigos para outros sen preguntarte para que serven as cousas. É preferible que che leve máis tempo a que leve tantos fallos. Estás facendo un traballo moi bo, pero a ver se ademais de bo conseguimos que sexa bonito.
Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 00:51, 1 de decembro de 2010 (UTC)
- Ola Xoio. Mira o que deixei aquí.
- En elemento accesorio recolliches acepcións que encaixarían mellor en accesorio.
- ¿accesorius é unha palabra latina ou galega? Porque a cabeceira de lingua é a do latín, e as categorías son do galego.
- [ Furagaitas * ] 00:38, 2 de decembro de 2010 (UTC)
- Ola Furagaitas. No de elemento accesorio tes moita razón. Tratarei de amañalo.
- Canto a accesorius é un termo do latín científico (coa etimoloxía que puxen). Non sabía como poñelo, porque non se ahi "modelo" para o latín científico.
Locucións
[editar]Boas Xoio. Dá gusto ver como medra o Galizionario en cantidade e calidade coas túas achegas. Permíteme que che lembre un detalle en referencia ás locucións: para poder ser creada unha entrada con título composto (locución), o significado non pode ser equivalente ó dado pola suma dos significados das palabras que o compoñan. Neste sentido veño de propor a eliminación de clasificación dos minerais. ¿Consideras que entradas como rocha de orixe orgánica ou rocha de precipitación físico-química cumpren a condición requerida para poderen figurar como entradas válidas? Porque de non ser así deberiamos pensar na súa eliminación. [ Furagaitas * ] 18:44, 15 de decembro de 2010 (UTC)
- Ola Furagaitas. Moitas grazas polos|polas teus|túas palabras. Animar|anímanme moito para seguir coas miñas colaboracións, á pesar da difícil maneira en que ter|teño que escribir|escribilas (ghe, ghe). Como non son "de letras", só afeizoado a elas (e ás ciencias) non sabía o que me dis das definicións das locucións. No caso da clasificación do minerais, suprimida, non hai maior problema, xa que se un lector consulta mineral, pode atopar na Galipedia varios dos criterios que se usan para clasificar estes, xunto coa máis usada, en clases. Nos outros dous casos, aínda non borrados, non me gustaría perder as definicións, que vexo de difícil encaixe noutras entradas. Sobre todo, a de rochas de orixe orgánica, polas diferenzas conceptuais que se explican na observación para aclarar os sinónimos ou os case sinónimos. Así, de pronto, córrenseme dúas solucións:
- Cambiar rocha de orixe orgánica por rocha de depósito bioquímico (facendo as correcíóns oportunas na observación), e
- Cambiar rocha de precipitación físico-química por rocha sedimentaria de precipitación físico-química
- Así cumpriríase de xeito formal o principio de que o definido non debe estar na definición, aínda que recoñezo que é un subterfuxio pouco científico (desde o punto de vista lexicográfico). Ti, que pensas? Dame un pouco más de tempo para seguir buscando unha solución adecuada.
- Ola Furagaitas. Moitas grazas polos|polas teus|túas palabras. Animar|anímanme moito para seguir coas miñas colaboracións, á pesar da difícil maneira en que ter|teño que escribir|escribilas (ghe, ghe). Como non son "de letras", só afeizoado a elas (e ás ciencias) non sabía o que me dis das definicións das locucións. No caso da clasificación do minerais, suprimida, non hai maior problema, xa que se un lector consulta mineral, pode atopar na Galipedia varios dos criterios que se usan para clasificar estes, xunto coa máis usada, en clases. Nos outros dous casos, aínda non borrados, non me gustaría perder as definicións, que vexo de difícil encaixe noutras entradas. Sobre todo, a de rochas de orixe orgánica, polas diferenzas conceptuais que se explican na observación para aclarar os sinónimos ou os case sinónimos. Así, de pronto, córrenseme dúas solucións:
Ola Xoio, perdoa por tardar ¼
Notas breves
[editar]Ola compañeiro. Unhas pequenas observacións:
- As cabeceiras {{-sin-}} ou {{-trad-}} non levan código de lingua. Só o levan as de categoría gramatical (p. ex. {{-substm-|gl}}).
- Non estamos tratando os nomes científicos como se fosen latín, polo que non debemos facer ligazón do tipo {{la|Asphodelus}}, senón simplemente [[Asphodelus]].
- Debemos evitar facer referencia a números de acepción, xa que poden variar facilmente cando algún usuario engada, elimine ou reordene acepcións.
Saúdos! [ Furagaitas * ] 16:56, 20 de decembro de 2010 (UTC)
- Boas Xoio. A ver se lle podes botar un ollo a elemento accesorio, xa que nos exemplos non utilizas a expresión elemento accesorio.
- Recorda tamén non usar o código de lingua (gl) nos modelos {{-sin-}}, {{-relac-}}, {{-trad-}},.... Dos modelos que levan guións, só os de categoría gramatical deben levalo ({{-substm-|gl}}, {{-adx-|gl}}, {{-verbo-|gl}},...).
- [ Furagaitas * ] 00:54, 25 de decembro de 2010 (UTC)
Lista de palabras
[editar]Boas Xoio. Perdoa por estarche sempre a dar a lata. Supoño que estás a traballar seguindo unha lista de termos por orde alfabética. Ocórreseme que, se che parece ben, podías seguir unha listaxe máis pequena, con léxico máis xeral, e seguir máis adiante coa túa lista orixinal. O obxectivo é crear unha boa base para dar apoio ás entradas de traducións e para as novas entradas que outros usuarios vaian creando, así como ofrecer ós lectores entradas de consulta máis habitual. É só unha idea, coa que non é preciso que esteas de acordo, pero se o estiveses poderías utilizar, por exemplo, as miñas listaxe2 e listaxe1. Aproveito para desexarche un bo 2011. [ Furagaitas * ] 00:17, 28 de decembro de 2010 (UTC)
- Ola Furagaitas. Non me das a lata. Doucha eu a ti, cos moitos erros que me tes que emendar. Paréceme ben iso que me dis das "palabras usuais" porque, ás veces, dá un pouco de verghoña allea ver, nas deficicións, tanta cor vermella. Así que botarei man da túa "listaxe2" para ver se podo "azuleala" un pouco. Na "listaxe1" non poderei face nada, ou case nada, porque son "de ciencias", e xa bastante meto o zoco nas entradas que deberían ser da miña competencia. Grazas polos teus consellos e polos teus bos desexos para o 2011 que, naturalmente, tamé te desexo a ti. --Xoio. Éche o que hai 18:18, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Ola Xoio. Tres usuarios concordamos en que a entrada feminismo islámico, creada por ti, non ten razón de ser, xa que o seu significado non é diferente da suma dos significados das palabras que a integran. Polo tanto, seguramente sexa proposta para borrar. Tes algo que obxectar? [ Furagaitas * ] 01:24, 28 de febreiro de 2011 (UTC)
coxo, -a
[editar]Boas Xoio, alégrome de verte de novo por aquí. Desculpa por non che contestar antes. A miña idea é que aproveitemos a existencia das dúas formas coxo e coxa para desenvolver nos dous artigos a acepción do adxectivo. En coxa ti creaches dúas entradas coa mesma etimoloxía e diferente pronuncia; despois eu creei unha nova (realmente era unha transclusión de parte do artigo coxo) con igual pronuncia cá primeira pero diferente etimoloxía (unha procede directamente do latín coxa, mentres a outra procede dun derivado intermedio desta, coxus). Do mesmo xeito o dicionario en liña da RAE recolle dúas entradas baixo o lema coja. Cal é o problema? [ Furagaitas * ] 13:04, 25 de xullo de 2011 (UTC)
- Sinto non compartir a túa opinión. Desde o meu punto de vista (chámame feminista, aínda que eu non me considero tal), a relación que hai entre coxo e coxa non é a mesma que pode haber entre coxo e coxos, ou entre coxear e coxeei. Penso que a única regra que establece a lingua con respecto á supremacía do masculino é no tocante á denominación de varios individuos (coxos son homes e mulleres); o resto (lematizar só sobre o masculino) é un convencionalismo dos dicionaristas, que algúns (p.ex. o DRAE, modelo a seguir) veñen mudando actualmente. Está claro que para nós non resultaría cómodo crear artigos para todos os femininos para os que xa haxa a forma masculina (hai traballo abondo como para pararse con este miudallo), pero atráeme a idea de aproveitar a necesidade de certos artigos femininos (coxa, caprina,...) para recoller as restantes acepcións compartidas coa forma masculina (en concreto, e por aforrar traballo, mediante transclusión dun artigo no outro).
- Se non che gusta que a cabeceira de lema sexa coxa3, pódese poñer coxo, coxa / coxo, -a / coxa, -o (ou como gustes).
- Por último quería matizar algo que dixeches na túa última mensaxe: «(...) no Galizionario, estas entradas fanse en masculino(.)» Nos primeiros anos do Galizionario puideron ter un xeito distinto de traballar do que temos agora, o que non implica necesariamente que estivesen en contra de recoller femininos; e aínda que o estivesen, as normas non son inamovibles, xa que se fan por consenso dos usuarios. Desde que eu comecei a colaborar houbo moitos cambios na estrutura dos artigos, normalmente para solucionar novos ou vellos problemas.
- Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 16:01, 28 de xullo de 2011 (UTC)
Sinatura
[editar]Boas Xoio. Observei que tes problemas coa sinatura. Vouche dar uns consellos para mellorala. Vai a "As miñas preferencias". Alí busca a sección Sinatura. No cadro de texto "O seu alcume (...)" copia o seguinte texto ou o que gustes:
'''[[Usuario:Xoio|Xoio]]'''<sup>''[[Conversa Usuario:Xoio|Éche o que hai]]''</sup>
Marca "Tratar a sinatura como se fose texto wiki" e dálle a "Gardar as preferencias". E xa está. A partir dese momento cando escribas "~~~~" ou lle deas a gardarase como XoioÉche o que hai.
Espero que che valla de algo. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 17:31, 3 de agosto de 2011 (UTC)
Re:Sufixos
[editar]Desbórdame a túa sabedoría compañeiro :) Todo unha sorte contar con ela no Galizionario. [ Furagaitas * ] 10:05, 5 de agosto de 2011 (UTC)
alas e aletas
[editar]Boas tardes, Luís. Bota un vistazo ó comentario que puxen na Taberna baixo a sección "Entradas". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:16, 14 de maio de 2012 (UTC)
Grazas a ti
[editar]Pois unha honra que me digas iso, pero foi grazas aos teus comentarios... Saúdos.--Calq (conversa) 17 de abril de 2015 ás 14:50 (UTC)