Saltar ao contido

reacción

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Entrada incompleta

Esta páxina está marcada para ser completada. Pode axudar no Galizionario completándoa.


Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «reacción».
  • Pronuncia: /reakˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

reacción (sg: reacción; pl: reaccións)

  1. Acción provocada por outra e de efectos contrarios a esta.
  2. Resposta a un estímulo.
    • Exemplo: A miña reacción á súa resposta non se fixo esperar.

  3. Movemento de ideas ou doutrina que xorde, en relación cun movemento anterior, para opoñérselle, neutralizalo ou suplantalo.
  4. Tendencia política tradicionalista que, defendendo uns privilexios, trata de conservar as vellas estururas políticas opoñéndose a calquera tipo de cambio ou revolución.
  5. Por extensión, conxunto dos partidarios de dita tendencia.
    • Exemplo: Non debes de extrañarte, a reacción xa sabes cómo é.

  6. Forma na que unha máquina, vehículo ou mecanismo responde a certos mandos.
    • Exemplo: Neste coche a reacción ao freo é moi brusca.

  7. (Etoloxía) Modificación na postura dun animal provocada polo cambio dun elemento calquera do medio externo (factor físico, climático ou biótico) ou por unha variación do estado interno do propio animal (equibrios enzimáticos, homonais, etc.).
    • Exemplo: Entre as reaccións deste tipo destacan as adaptativas.

  8. (Medicina) Cambio producido no organismo que tende a contrarrestar a influencia dun axente mórbido.
  9. (Medicina) Cambio producido no organismo pola aplicación dun medicamento.
  10. (Medicina) Período de calor e de aceleración do pulso que nalgunhas doenzas, sucede á de frío.
  11. (Medicina) Calquera das numerosas probas, as máis delas de laboratorio, que se realizan coa finalidade de detectar algunha modificación concreta, expresábel cuantitativa ou cualitativamente, para contribuír ao diagnóstico dunha enfermidade.
    • Exemplo: Unha das probas máis coñecidas é a reacción de Wassermann, para o diagnóstico da sífilis.

  12. (Psicoloxía) Estado emocional que se desenvolve ante situacións especiais.
    • Exemplo: Tempo de reacción.

  13. (Química) Acción recíproca entre dúas ou máis substancias que, compañadas dunha variación de enerxía, provoca a aparición de outra ou outras substancias diferentes ao alteración das proporcións das prexistentes.
    • Exemplo: Reacción de óxido-redución.

  14. (Química) Carácter dunha solución iónica, segundo predominen nela os ións hidróxeno (ácida), os ións hidroxilo (básica) ou estean compensados ambos (neutra).
  15. (Tecnoloxía) Sistema de propulsión no que o movemento de produce ao despedir o motor un chorro de gas a presión no sentido contrario ao da marcha. V. motor.
    • Exemplo: Un avión a reacción.

Locución substantiva feminina

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

reacción (sg: reacción; pl: reacciones)

  1. Reacción.