Saltar ao contido

marcha

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

marcha

  1. Acción de marchar.
    • Exemplo: Está preparando a súa marcha da cidade.

  2. Desprazamento dun lugar a outro.
    • Exemplo: A marcha do tren era lenta. Facer unha marcha

      .
  3. Evolución dunha cousa ou dunha persoa, sucesión dos distintos estadios dun proceso.
    • Exemplo: Non me gusta a marcha que leva ese rapaz. Seguir a marcha dos acontecementos.

  4. (Física) Relación que se establece entre a velocidade de rotación do motor dun coche e a das rodas.
    • Exemplo: Conforme aumenta ou diminúe a velocidade do coche hai que ir cambiando de marcha

      .
  5. (Figurado) Ánimo ou ambiente de diversión.
    • Exemplo: O sábado pola noite había moita marcha. Preparábanse para saír de marcha

      .
  6. (Deportes) Carreira pedestre que consiste en camiñar rapidamente, mantendo sempre un en contacto co chan.
    • Exemplo: Participou nos vinte quilómetros marcha

      .
  7. (Exército) Toque para que marchen os soldados ou para facer honores militares.
    • Exemplo: Os soldados desfilaban ao son da marcha

      .
  8. (Música) Peza musical de ritmo moi marcado.
    • Exemplo: A banda de música tocou unha marcha. Marcha fúnebre. A Marcha Radetzky

      .

Termos relacionados