Saltar ao contido

base

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «base».
Sinatura de José María Acuña, na base dunha escultura en Vilanova de Arousa
  • Pronuncia: /ˈba.se̯/ (AFI)

Substantivo feminino

base
(sg: base; pl: bases)

  1. Superficie ou elemento sobre o que se apoia un corpo, calquera cousa que serve de asento a outra.
    • Exemplo: Expuxeron as máquinas sobre bases de escasa altura.

  2. Parte dun corpo que pousa sobre o chan ou calquera outra superficie.
    • Exemplo: Na base da escultura estaba a sinatura do autor.

  3. Fundamento sobre o que se basa unha teoría.
    • Sinónimos: fundamento.
    • Exemplo: As teorías da pseudociencia non teñen ninguna base.

    • Exemplo: O acordo entre partidos esixe fixar unas bases previas.

  4. Lugar onde se aprovisionan os participantes de certas actividades.
    • Exemplo: As columnas do estilo dórico carecen de base e apoian directamente sobre o estilóbata.

  5. Primeira capa que se aplica sobre unha superficie, para logo aplicar o tratamento definitivo.
    • {{exemplo|Na escultura policromada dáse primeiro unha base de xeso.
  6. Conxunto de normas polas que se rixe unha competición.
    • Observacións: Úsase xeralmente en plural.
    • Exemplo: Descalificárono porque non cumpría as bases do concurso.

  7. (Deportes) Xogador dun equipo de baloncesto que organiza o xogo.
    • Exemplo: Magic Johnson, de Los Angeles Lakers, foi un dos mellores bases da historia.

  8. (Farmacia) Medicamento principal dunha fórmula.
    • Exemplo: A base dese novo medicamento é un antihistamínico.

  9. (Arquitectura) Parte inferior da columna ou pedestal, que asenta sobre a plataforma e sostén o fuste.
    • Exemplo: O ataque dos xaponeses á base naval de Pearl Harbor determinou a entrada na guerra dos Estados Unidos.

  10. (Química) Complemento reactivo dun ácido, ou ben unha substancia que pode ceder electróns.
    • Exemplo: A sosa cáustica é unha base moi forte, moi agresiva.

  11. (Xeometría) Liña inferior dunha figura xeométrica, que adoita opoñerse ó vértice.
    • Exemplo: Debes calcular a base da pirámide xerada por este triángulo.

  12. (Anatomía) Aquilo que serve de sostén a algunha parte do corpo.
    • Exemplo: Sufriu unha fractura da base do cranio.

  13. (Matemáticas) Número ou expresión numérica que se multiplicará por si mesmo tantas veces como indique o expoñente.
  14. (Política) Conxunto dos membros dun partido político, que non ocupan cargo ningún.
    • Observacións: Úsase xeralmente en plural.
    • Exemplo: As bases do partido apoiaron maioritariamente a coalición proposta polo seu secretario xeral.

Termos relacionados

a base de, base aérea, base baleira, base de alternancia, base de analoxía, base de comparación, base de datos, base de evolucións, base de logaritmos, base de operacións, base do cranio, base dos índices, base dun espazo vectorial, base dun módulo, base dun sistema de numeración, base dunha potencia, base impoñible, base liquidable, base militar, base naval, base nitroxenada, base orbital, base ortonormal, base ortogonal, base quilométrica, base radical, base sufixal, de base, parella de bases, salario base