Saltar ao contido

cambio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈkam.bjo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

cambio (sg: cambio; pl: cambios)

  1. Acción ou efecto de cambiar ou cambiarse.
    • Exemplo: As evidencias fixeron que tiveramos que facer un cambio das nosas opinións.

  2. Cantidade de diñeiro en moedas ou billetes cun valor equivalente a outra cantidade.
    • {{exemplo|Tes cambio de cincuenta euros? SINÓNIMO troco
  3. Cantidade de diñeiro que sobra ao pagar un servizo.
    • {{exemplo|Cobre as consumicións e quédese co cambio. SINÓNIMOS troco, volta
  4. Moeda fraccionaria.
    • {{exemplo|Levo a moedeoiro cheo de cambio.
  5. (Economía) Prezo de cotización dos valores nos mercados da bolsa.
    • Exemplo: Na última sesión subiron os cambios das accións das empresas eléctricas.

  6. (Economía) Prezo ao que se pode intercambiar a moeda dun país pola doutro.
    • Exemplo: No banco vin como subira o cambio da libra esterlina

      .
  7. (Tecnoloxía) Dispositivo que permite axustar, mediante un sistema de transmisión, a relación entre a velocidade de rotación do motor dun automóbil e, polo tanto a velocidade de rotación das rodas.
    • {{exemplo|Estraguei o cambio do coche por non pisar ben o embrague. SINÓNIMOS cambio de marchas, cambio de velocidades
  8. (Tecnoloxía) Dispositivo que permite facer pasar a cadea dunha bicicleta dun piñón a outro.
    • Exemplo: As bicicletas adoitan ter un cambio moi cómodo situado no guiador

      .
  9. (Tecnoloxía) Mecanismo formado polas agullas e outras pezas das vías férreas, que serve para que as locomotoras, os vagóns ou os tranvías vaian por unha ou outra das vías que concorren nun punto.
    • Exemplo: Na estación de ferrocarril de Santiago de Compostela hai un cambio de ancho de vías

      .

Observacións

Termos relacionados

a cambio, a cambio de, axente de cambio, axente de cambio e bolsa, caixa de cambios, caixa de cambios automática, cambio climático, cambio de estado, cambio de velocidades, en cambio, en cambio de, letra de cambio, libre cambio, tipo de cambio

Traducións