carácter

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

carácter (sg: carácter; pl: carácteres)


Substantivo masculino

  1. Sinal ou marca que se imprime, pinta ou esculpe nalgo
    • Exemplo: Na escultura apreciébanse os carácteres do escultor

      .
  2. Signo de escritura ou de imprenta.
    • Exemplo: No códice destacaban os carácteres das iniciais góticas

      .
  3. Estilo ou forma dos signos da escritura ou dos tipos de imprenta.
    • Exemplo: Carácter redondo. Caracteres itálicos

      .
  4. Marca ou ferro coa que os animais dun rabaño se distinguen dos doutro.
    • Exemplo: Nos montes comunais os cabalos e as vacas levan o carácter do dono

      .
  5. Conxunto de calidades ou circunstancias propias duna cousa, dunha persoa ou dunha colectividade, que as distingue, polo seu modo de ser ou de obrar, das demais.
    • Exemplo: O carácter dos galegos. O carácter insufrible da avó

      .
  6. Condición dada a alguén ou a algo pola dignidade que sustenta ou a función que desempeña.
    • Exemplo: O carácter do xuíz. O carácater do noso pai. Medidas de carácter transitorio

      .
  7. (Relixión) Sinal espiritual que queda nunha persoa como efecto dun coñecemento ou experiencia importantes, como, na relixión católica, a deixada polos sacramentos do bautismo, confirmación e orde.
    • Exemplo: O sacramento da orde imprime carácter

      .
  8. Forza e elevación de ánimo natural de alguén, firmeza, enerxía.
    • {{exemplo|Unha persna de carácter.
  9. Pegada que deixa en alguén unha determinada experiencia.
    • Exemplo: O traballo no campo de refuxiados é dos que confiren carácter

      .

Observacións