hidróxeno
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Etimoloxía: do grego antigo ὕδωρ (auga) e γεν- (crear, xerar).
Pronuncia: /iˈðɾɔʃe̝no̝/ (AFI)
Substantivo masculino
hidróxeno (sg: hidróxeno; pl: hidróxenos)
- (Química) Elemento químico de número atómico 1, descuberto por Boyle en 1671. En condicións normais de presión e temperatura preséntase como un gas diatómico altamente inflamable, incoloro e inodoro. É o elemento químico máis lixeiro e o máis abundante do universo. É un dos compoñentes da auga e da maioría das substancias orgánicas. O seu símbolo é H.
Traducións
- Alemán: Wasserstoff (de).
- Castelán: hidrógeno (es).
- Francés: hydrogène (fr).
- Inglés: hydrogen (en).
- Italiano: idrogeno (it).
- Neerlandés: waterstof (nl).
- Portugués: hidrogénio (pt), hidrogênio (pt).
- Sueco: väte (sv).