Saltar ao contido

antíxeno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «antíxeno».
A ilustración que mostra como os antíxenos inducen a resposta do sistema inmunitario ao interaccionar cun anticorpo que encaixa na estrutura molecular do antíxeno.
  • Pronuncia: /an.'ti.ʃe.no̯/ (AFI)

Substantivo masculino

antíxeno (sg: antíxeno; pl: antíxenos)

  1. (Medicina) En inmunoloxía un antíxeno é unha substancia que ten a capacidade de inducir unha resposta inmune (para producir anticorpos ou outras accións inmunitarias) no organismo dun hóspede. Ás veces os antíxenos forman parte do propio hóspede nos casos de enfermidades autoinmunes. Por tanto, un antíxeno é calquera substancia, propia ou allea, que pode ser recoñecida polo sistema inmunitario e desencadear unha resposta inmunitaria.