Saltar ao contido

nome científico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «nome científico».
Vexa no Galizionario as palabras en nome científico.
  • Pronuncia: /ˈnome̝θjɛnˈtifiko̝/ (AFI)

Locución substantiva masculina

nome científico (sg: nome científico; pl: nomes científicos)

  1. (Bioloxía) Denominación, en latín científico, dunha especie biolóxica (ser vivo), e de calquera taxon, seguindo as normas oficiais establecidas por institucións como, para vexetais (incluíndo fungos e cianobacterias) a ICBN (International Code of Botanical Nomenclature); para animais (incluíndo potistas) a ICZN (International Code of Zoological Nomenclature); para bacterias, o ICNB (International Code of Nomenclature of Bacteria); para plantas cultivadas, o ICNCP (International Code for Cultivated Plants), e para virus, o ICTV (International Committee on Taxonomy of Viruses). Todos eles seguindo os principios establecidos por Linné, o fundador da taxonomía moderna (que inclúe a nomenclatura), nas súas obras Systema Naturae e Species Plantarum.

Observacións

Traducións