latín científico
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de latín e científico.
- Pronuncia: /laˈtiŋ θjɛnˈtifiko̝/ (AFI)
latín científico
- (Terminoloxía) Termo empregado na momenclatura científica e técnica modernas acuñado á maneira latina. Emprégase sobre todo en bioloxía, para denominar as especies de seres vivos ou extintos (o denominado nome científico ou nomenclatura binomial), e outros taxons, ou en expresións como in vivo. in vitro, etc; en anatomía, para nomear os distintos órganos (ósos, músculos, arterias, veas, etc e as súas partes ou estruturas —Nomina Anatomica de Basilea—) e tamén en medicina para designar algunhas enfermidades, signos e síntomas (angor abdominlis, ictus, diabetes mellitus, etc), e en termos como , ante morten, peri mortem, post mortem, etc.