principio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

principio (sg: principio; pl: principios)

  1. Primeiro momento dunha acción ou da existencia de algo.
    • Exemplo: O médico dixo que tiña un principio de gripe

      .
  2. Parte de algo que se presenta antes ca as outras no espazo.
    • Exemplo: A novela ten un principio frouxo, pero logo mellora.

  3. Regra moral á que se trata de adecuar a conduta.
    • Exemplo: É un home de principios.

  4. Idea que serve de base para establecer novos razoamentos.
    • Exemplo: Parto do principio de que todas as regras teñen excepcións.

  5. Idea fundamental dunha disciplina.
    • Exemplo: Os principios da física moderna.

  6. Elemento que forma parte da composición dunha substancia.
    • Exemplo: Ese deterxente ten un principio activo moi forte.

Sinónimos

comezo
encomezo
inicio

Antónimos

fin
final
remate

Termos relacionados

a principios de
ao principio
en principio