inicial

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /i.ni.θi,ˈal/ /i.ni.si,ˈal/ (AFI)

Adxectivo

inicial (sg: inicial; pl: iniciais)

  1. Pertenecente ou relativo á orixe ou principio das cousas ou de algo.
    • Exemplo: O estado inicial de desenvolvemento. O período inicial foi de traballo lento. A velocidade inicial dun proxectil

      .

Substantivo feminino

  1. Primeira letra dunha palabra, verso, ou capítulo, e en particular, dun nome de persoa, país, rexión, localidade, ou do nome científico dun xénero.
    • Exemplo: Gravou as súas iniciais nunha árbore

      .

Observacións