cuncha
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín tardío conchŭla, diminutivo de concha, 'cuncha', e este do grego antigo κόγχη kónchē.
- Pronuncia: /'kuŋ.t͡ʃa̝/ (AFI)
cuncha
(sg: cuncha; pl: cunchas)
- (Zooloxía) Estrutura dura constituída por unha conquiolina (unha escleroproteína) sobre a que se depositan sales de carbonato cálcico (CaCO3), que cobre externamente o corpo de numerosos moluscos (ou está aloxada no seu interior, como nos cefalópodos), para protexelo dos depredadores e servir de elemento de inserción dos músculos e órganos internos, polo que constitúe, nestes animais, o seu exoesqueleto ou esqueleto externo, e que pode constar dunha soa peza o valva, como nos caracois, de dúas como nos mexillóns, ou de oito, como nos quitóns.
- (Zooloxía) Coiraza dos quelonios ou tartarugas, dos cladóceros e doutros pequenos crustáceos.
- Valva da vieira (xeralmente a convexa) que é o símbolo da peregrinación a Santiago de Compostela e do culto xacobeo.
- Por extensión, calquera obxecto cóncavo semellante á cuberta destes animais.
- Calquera cousa natural, artística ou arquitectónica que se semelle ao corpo dos moluscos.
- Nun teatro, moble xeralmente con forma de cuarto de esfera, que se sitúa no centro do proscenio e cobre un espazo onde se oculta o apuntador.
- (Figurado) Parte externa do aparello reprodutor feminino da muller, é dicir, a vulva.
Observacións
Termos relacionados
cuncha da orella, cuncha de pergrino, cuncha do lagar, meterse un na súa cuncha, ter un moitas cunchas.
Galego
cunchas