culto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar á navegación Saltar á procura

Galego

Adxectivo

culto (m: culto; f: culta)

  1. Que posúe unha sólida formación intelectual, que ten moitos coñecementos aprendidos pola lectura ou a instrución.
    • Exemplo: É unha muller moi culta con moitas lecturas.

Sinónimos

Antónimos

  1. Que posúe unha cultura e civilización avanzada [país, sociedade].
    • Exemplo: As nacións cultas de Occidente. Un pobo moi culto.

Antónimo

  1. Que denota esmero ou coidado na súa feitura ou no seu uso.
    • Exemplo: Estilo culto. Literatura culta. Emprega sempre palabras moi cultas.

Antónimos

  1. (Gramática) Dito dunha palabra, tomada como préstamo duna lingua clásica sen que experimente as transformacións fonéticas propias das voces populares ou patrimoniais.
    • Exemplo: Heliocéntrico é unha voz tirada do grego ἥλιος 'helios' "Sol" e κέντρον 'kentron' "centro".
  2. Dito dunha terra ou dunha planta, que está cultivada.

Substantivo masculino

  1. (Relixión) Homenaxe relixiosa que se ofrece á divindade ou divindades en tributo de respecto e submisión ao seu poder sobrenatural.
    • Exemplo: Render culto a ídolos de pedra. O culto a Deus.
  2. (Relixión) Conxunto das cerimonias por medio das cales se manifesta externamente esa homenaxe.
    • Exemplo: Culto católico. Culto xudeu. Asiste aos cultos.
  3. (Figurado) Admiración ou estima extraordinaria por algo.
    • Exemplo: Render culto á amizade.

Sinónimos