Saltar ao contido

valva

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Cuncha de mexillón, coas súas dúas valvas

Substantivo feminino

valva (sg: valva; pl: valvas)

  1. (Zooloxía) Nos moluscos bivalvos, cada unha das dúas pezas duras e móviles da cuncha que protexe o seu corpo.
    • Exemplo: As valvas da vieira ou da zamburiña son asimétricas.

    • Termos relacionados: cuncha
  2. (Botánica) Cada unha das divisións nas que se abren as casulas dos legumes e de froitos dehiscentes.
  3. (Anatomía) Cada unha das partes móbiles dunha válvula cardíaca (valva mitral e valva tricúspide).
  4. (Medicina) Instrumento en forma de lámina curvada co que se abren os labios dunha incisión cirúrxica ou dunha abertura natural (vaxina, ano).

Traducións