Saltar ao contido

caracol

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «caracol».
  • Pronuncia: /kaɾaˈkɔl/ (AFI)

Substantivo masculino

caracol (sg: caracol; pl: caracois)

  1. (Zooloxía) Molusco gasterópodo, con cuncha en espiral, a diferenza das lesmas (sen cuncha aparente) ou das lapas (cuncha sen forma de espiral).
  2. (Anatomía) Cóclea, pequena canle do oído interno.
  3. Rizo que se forma no pelo facendo como unha espiral.

Termos relacionados

Traducións