coma
Aparencia
Entrada incompleta Esta páxina está marcada para ser completada. Pode axudar no Galizionario completándoa. |
Galego
coma1
coma (sg: coma; pl: comas)
- (Botánica) Grupo de follas ou de brácteas que coroan, a xeito de copete, certas inflorescencias e infructescencias.
- Exemplo: O ananás ou piña americana remata nunha coma.
- Exemplo: O ananás ou piña americana remata nunha coma.
coma2
- Etimoloxía: do grego antigo κωμα, -ατος, «sopor» ou «sono profundo».
coma (sg: coma; pl: comas)
- (Patoloxía) Estado patolóxico caracterizado pola perda da consciencia, da mobilidade voluntaria e da sensibilidade, con conservación das funcións vexetativas (respiración, circulación, etc.).
- Exemplo: O estado de coma non é unha entidade nosolóxica, senón que responde a numerosas e variadas etioloxías.
- Exemplo: O estado de coma non é unha entidade nosolóxica, senón que responde a numerosas e variadas etioloxías.
Termos relacionados
coma3
- Etimoloxía: do latín comma, -ātis.
coma (sg: coma; pl: comas)
- (Ortografía) Signo ortográfico de puntuación (,) co que se representa unha pausa breve na lingua oral entre oracións, frases ou palabras, e que tamén serve para separar os números enteiros dos decimais.
- Pequena repisa situada na parte inferior das cadeiras do coro dunha catedral ou dun mosteiro, que permite aos ocupantes xa maiores descansar disimuladamente, mentres os outros están de pé.
- (Astronomía) Aberración cromática propia das lentes e os espellos curvos, debida a algúns defectos de deseño ou a imperfeccións nas lentes ou outros compoñentes, consistente en que a imaxe dun obxecto puntual afastado do eixe óptico non é un punto, senón unha figura en forma de coma3.1.
- Sinónimos: aberración de coma.
- Véxase tamén: Apéndice: Léxico da astronomía.
Termos relacionados
coma4
coma
- (Completar)
Termos relacionados
- coma o can e o gato
- beber coma un boi
- chover coma quen envorca
- coma un pito, coma pitos
- correr coma un sapo pola cinza
- corrido coma un can
- durmir coma un pelouro: sono profundo
- ter a cabeza coma un pelouro: ser calvo
- forte coma un pelouro
Latín
- Etimoloxía: do grego antigo κόμη.
coma
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do latín
- Entradas en galego con etimoloxía
- Substantivos femininos en galego
- Botánica en galego
- Entradas en galego derivadas do grego antigo
- Substantivos masculinos en galego
- Patoloxía en galego
- Ortografía en galego
- Astronomía en galego
- Conxuncións en galego
- Latín
- Entradas en latín derivadas do grego antigo
- Entradas en latín con etimoloxía
- Substantivos en latín