Saltar ao contido

coroar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [ koɾoˈaɾ ] (AFI)

Verbo transitivo

coroar

  1. Colocar unha coroa na cabeza.
  2. Conferirlle a alguén o título de soberano póndolle unha coroa na cabeza dentro dun acto solemne.
  3. Por extensión, facer a alguén gañador dunha competición.
  4. Enfeitar a xeito de coroa.
  5. (Figurado) Ser algo a parte superior dunha cousa.
  6. (Figurado) Alcanzar un cumio.
  7. (Figurado) Rematar unha obra.

Traducións


Verbo pronominal

coroarse

  1. Ser coroado.

Conxugación


Portugués

Verbo

coroar

  1. Coroar.