cadeira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kaˈðejɾa/ (AFI)

Substantivo feminino

cadeira (sg: cadeira; pl: cadeiras)

  1. Utensilio que serve para sentar, co que pode permitir comodidade a unha persoa cando se sente cansa, fatigada, ou simplemente quere posicionarse dun xeito estable sen cansar.
  2. (Anatomía) Parte do corpo humano correspondente ó cóccis, onde se xuntan as cabezas ou apófises dos fémures.
    • Exemplo: Aquela moza ten unhas cadeiras moi anchas, non ha ter problemas para ter fillos.

    • Sinónimos: cadril.
  3. (Alimentación) Peza de carne de vacún procedente da parte superior da coxa, onda os cadrís, que enche a cara superior do óso coxal.

Traducións

Portugués

  • Pronuncia: en AFI: /kaˈdɛjra/; en SAMPA: /kaˈdEjra/ (AFI)

Substantivo feminino

cadeira (sg: cadeira; pl: cadeiras)

  1. Cadeira (utensilio).
  2. (Anatomía) Cadeira (parte do corpo).