Saltar ao contido

decimal

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /de.θi.ˈmal/ ou /de.si.ˈmal/ (AFI)

Adxectivo

decimal

  1. Dito dunha parte, que é unha das dez iguais en que se divide un todo.
  2. Pertencente ou relativo ao dezmo.
  3. Dito dun sistema métrico de pesos e medidas, que está constituído por unidades que, respecto da principal de cada clase, son múltiplos ou divisores de dez.
    • Exemplo: Sistema métrico decimal.

  4. Dito dun sistema de numeración, que ten como base dez.
  5. (Matemáticas) Dito dun número, que aparece á dereita do elemento separador na notación decimal dos números.
  6. (Matemáticas) Pertencente ou relativo ao número decimal.
    • {{exemplo|Representación decimal.

Termos relacionados

fracción decimal, logaritmo decimal, número decimal, parte decimal, quebrado decimal, sistema métrico decimal