Saltar ao contido

vello

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [ˈbɛ.ʎʊ] (AFI)

Adxectivo

vello (ms: vello; mpl: vellos; fs: vella; fpl: vellas)

  1. Que ten unha idade avanzada.
  2. Que ten moitos anos de existencia ou experiencia.
    • Exemplo: A Tierno Galván chamábano o vello profesor.

    • Sinónimos: veterano, vedraio.
  3. Que ten máis anos de vida ca outro.
    • Exemplo: ¿Quen é máis vello, teu pai ou túa nai?

    • Sinónimos: maior.
  4. Que está gastado ou usado.
    • Exemplo: Abriu unha tenda de libros vellos.

    • Sinónimos: gasto, raído.
  5. Que vén de tempo atrás.
    • Exemplo: Habería que ir pensando en cambiar este vello sistema de fabricación.

    • Sinónimos: antigo, tradicional, vetusto.

Substantivo masculino

vello (sg: vello; pl: vellos)

  1. Persoa que ten unha idade avanzada.
    • Exemplo: Xa ninguén respecta os vellos, queixábanse na prensa.

    • Sinónimos: ancián

Termos relacionados

Traducións